lunes, 3 de diciembre de 2007

Outra de festas

Parece que fai quince días que me viñen para aquí, e ¡¡manda carallo!!, en pouco máis dunha semana xa volvo a España. Pois sí que pasan rápidas estas experiencias. A verdade é que tempo tampouco é que teña demasiado para escribir no blog, pero é que total non sabería moi ben que poñer que non sexan festas, jejeje…, lémbrome cando líamos a “Misiva germana”, que cada semana eran fotos de botellas e borracheras interminables tamén, este ano xa non ten esa bicoca jeje…

Aquí os colgados estes do IFMA fixeron haberá unhas 3 semanas a soirée regions, que ven sendo algo así coma o San Pepe de alá. Montaban uns stands e a peña levaba comida e bebida propia das súas rexións. Evidentemente os españoles fixemos un bo lote de tortillas, dous “caldeiros” de sangría, e algunha cousilla máis. Pero vamos, que se tajan moitísimo, e os destrozos-suciedade son similares a un san teleco ou san pepe. De feito pecháronlles a especie de cafeta que teñen aquí (manéxana os estudiantes, non é como alá) durante 15 días.

Outra grandísima festa foi o cumpleanos do Felipe, un chorvo de Pozo Blanco (Andalucía) que é un personaje de carallo tamén.

E onte sí que a armamos, bueno, armáronnola mellor dito. Ibamos a facer botellón no piso de Alex e Eli (unha parella de Andaluces tamén), pero por eso de non lle botar a casa abaixo, decidimos facela na resi mellor, para que puideran vir os franceses, italianos, checas, irlandesas…., e joer, que guarras as irlandesas, aparte de que tiraron bebida a mazo polo chan, e non eran moi propicias a limpala…, ó final unha pillouse unha moña…, en fin, posiblemente lle dese un baixón de tensión ou algo, porque aparentemente estaba ben, e dez minutos máis tarde atopárona semiinconsciente tirada no baño (suponse que foi intentar vomitar). O caso é que o despliegue mediático foi a ostia, moita peña histérica (as “amigas” un tanto imbéciles que ata a querían meter nun taxi para a casa e fiesta), e como dato cultural, dicir que aquí se chama para case todo aos pompiers (bomberos) en vez da típica ambulancia. En fin, que menos mal que os que están na recepción polas noites os fins de semana son enrollados, sinón podíannos botar unha boa bronca.

Pois nada, que mellor poñer algunhas fotos, que sempre ilustran máis que mil palabras.

Cumple de Felipe. Dende logo non levaban rioja eses caldeiros ;)

O anfitrión.

En fin, sin comentarios, a típica foto que ao día seguinte dis ti, "carallo, pero estaba tan mal..." Pero que conste que para ser autofoto evidentemente tiña pulso aínda jejeje...




Pos eso, o "san pepe" de aquí. E non, no é carnaval, pero aquí á peña ás veces dáselle por salir de forma "peculiar". De fetio había uns con roupa de augas e botas de goma, vamos coma para ir á seca. E o pobre rapaz da silla que estaba cocido coma un pulpo a eso das 5 da mañá, e van uns "colegas" e non lle tiran un caldeiro de auga por riba. Despois díxome ó día seguinte que pasou moitísimo frío indo para a casa, non te jode, con -3 ou -4 baixo cero, eu iba po hostpital cunha pulmonía.



Esta é nunha crepería a hostia de chula, que non todo vai ser cocerse!!, aínda que bueno, aquí tamén se lle daba ao viño a verdade. A Carola (a alemana) dándome explicacións gramaticales nunha servilleta.

Retorno de Marcos da boda en España, e que mellor ocasión para convidar aos gabachos a comida típica galega.

Ei Zalo, aquí tamén se xoga a "cochinadas" desas. Si tocaba o vaso bebias un sorbo creo, e si "encestabas" bebías o vaso enteiro.

Cumple de jamonas españolas. Sobran comentarios.

É Pili, e non pensedes mal, que xa vos vexo, e ademáis a rapaza tamén ten churri. Só é pa darvos envidia pa que me veñades a visitar ;)

Impresionantísima pota que nos atopamos un día voltando para a casa. Supuxemos que sería dende a ventana dalgún piso, pero joer, era moita pota de dios. E ao audi..., non sei eu que tal lle sentaría á pintura eses ácidos....

Festa en casa de Tibo, un dos Franceses que máis nos acolleu nas primeiras semanas. Viven 4 nunha casa, e normalmente montan festas xeitosas.

Este sábado antes de que as irlandesas o emporcallaran todo e que a montaran.

Pero a pesar de todo, os españoles sempre deixamos todo impoluto. Tiñades que ver como a chusmilla multicultural (negratas, chinos...) deixa a cociña por exemplo. E non é rajar nin ser racista nin chorradas, é a puta verdade, hai moito guarro por aquí.

Pois creo que xa chegan de fotos por hoxe. Para o seguinte post, algo máis cultural. Prometido.

ACTUALIZACIÓN:

Sodes a cona xente, poño unhas fotos de coña e xa sacándolle puntilla. E logo seica estou tan delgado??, arredemo, aínda vai parecer que fago a dieta do cucurucho....., jaja..., nada máis lonxe da realidade. Ai a miña Sariña que tranquila que pode estar comigo!! Pois nada, que en Nadal prometo engordar outra vez.

Da cena xa que o Mora se ofrece voluntario, pois queda encargado de organizala. Eu en principio non podo facer proxección de cando me virá ben, pero malo será, esperemos que non me desehereden despois de botar 3 meses fora, e chegar e pirar por aí de "paseo". Pois eso, contade comigo para calquer día deses, e supoño que a Sara e algunhas amigas cotillas que ten por aí igual se apuntan eh??

Ilsiña, vese que o Che estudiou ben o manual do bo marido, juas,,juas... Eu estou incluso pensando en non ir a Lyon este finde, asique de velos nin de coña claro. Joer, unha furgalla de 9, coma co "ran" nos vellos tempos, pero menos consumo (aínda que co precio de agora a pasta será a mesma, jeje..)

Ah, e Rivas, despois de Irlanda crees que necesito opinar algo + delas?? juas, juas... Pero sí, según escoito de "rumores" son algo porcas e "porcas", as comillas dá igual onde as poñas, jeje..., pero que hai de todo coma en tódolos sitios, non se pode xeralizar.

Mora, non empecemos a falar do que come cada quen que igual a armamos coma a última vez jeje.. ;)

Como vos coñezo coma se vos parise, xa me lembrei de tomar varios ángulos para tervos contentos, jeje..

58 comentarios:

_zarr_ dijo...

¿Serei o primeiro esta vez?

_zarr_ dijo...

Pois tampouco e pa tanto... eu pensaba que ía ser máis especial, jeje.

Pois tes razón, Tri, este ano meu non ten comparación co ano Erasmus... pero xa se ve que ti o celebras polos dous.

De todo o reportaxe quédome coa SUPER pota... aínda me estou partindo... :D ¡menuda sorpresa atoparse o Audi así pola mañá!

Bueno, un saudo desde as Americas... ¡e en tres semanas xa nos vemos ola nosa terra!

Dm dijo...

Buenas¡¡¡¡

Huy¡¡ por pouco non son o primeiro¡¡¡

Estou dacordo con zalo, non podo parar de rir con esa foto... puagg, tes outros ángulos da foto?

Non vou comentar nada das fotos, pero ti xa sabes... jejeje..


Bueno, vemonos¡¡¡¡

Rivas dijo...

Pois máis que ca pota estou pesando nunha cousa.. ¿Acordaste en Irlanda cando nos dixo Lourdes que se ibamos a aprender inglés que nos votásemos moza ó chegar..? E que cando dixemos aquilo de "se nos fan caso.." ela dixo que eran unhas furcias. Que opinión che merecen agora que as ves libres e salvaxes, aparte de que non limpen o que estragan.. Bueno, coidate e vou facer de comer para logo meterme na biblio.. Que manda carallo.. Tres meses para estudiar e agora teño que preparar todo en 15 días.. Flipo! Menos mal que o Sergio é peor..

ilsinha dijo...

Wenas!!

O da pota é impresionante, se chegas a poñer a foto de primeiro non sei se daría para leer o resto, deixoume patidifusa.

Este finde quedamos para ir cear con eso de celebrar o meu cumple, pero bueno o meu poder de convocatoria é moi pobre así que espero polas comidas de chuletón que teñen pinta de que van multitudinarias.

Por certo, vanche os Ches en 2 dias para París, pero dixeron que repetirían se vamos en marzo e despois propuxeron unhas ideas moi divertidas de facer excursions de fin de semanas na sua furgoneta de 9 prazas, espero que o final acabemos facendo algo e non como sempre, porque a idea molaba.

Por certo, supoño que o noso pavillón gastronómico quede ben alto, mandamos un dos mellores representantes para eso, así que a esforzarte coas tortillas,jejeje.

Rivas, canta razón tes, 3 meses para estudiar e nada e ahora en 15 días queremolo arranxar, cando a estas alturas non aprendemos xa non o facemos mais, hai que darse por vencidos.

Por certo, está ben eso de que haxa tocallas miñas por aí, somos poucas pero boas (alaaaa, nótase que non teño avoa!!).

Un bikiño

_zarr_ dijo...

¡Felicidades Pili! (perdoa polo retraso... e cousa da diferencia horaria ;) )

Co da furgoneta de 9 prazas quédome pensando na viaxe a Yosemitte que era unha furgo con 8... ¡eso si que o temos que aproveitar!

Por certo, pa que día queda o do chuletón... hai que poñer unha data que despois xa sabedes coma son estas cousas. Eu voto polo 26,27 ou 28 de decembro: ¿que vos parece?

Rivas dijo...

O 28 non que é mal día para comer fora da casa.. imaxinade que lle votan crema de champiñóns ou algo así estilo Club da Loita.. Juajua!!
Sinto ter perdido a cea con Pili, pero bueno, é o que hai.., ou o que non hai, sobre todo sentido. Como é certo que xa non hai tempo de aprender a ser bo estudiante, pois para que torturarse..
En canto ó da furgoneta quedo sen palabras.., en principio.., se non damos enchido un coche e xeralmente teño sitio na bici para os que somos.. ¿vamos encher a furgalla?? Juajua!!! Ademáis, ¿dende cando andan os Ches libres os fin de semana? Neste caso, logo de tantos anos pódeme o excepticismo.. De cara ó futuro so se me ocorre a tan socorrida frase do meu avó: "esto ha de dar moito pa trás.., ojallá me equivoque, pero ha de dar pa trás." Agora que o penso, creo que tamén lla escoitei ó Tri.

Anónimo dijo...

Bueno, eu estou flipando!!! vaia jamonas que andan soltas por ahí?? e a Sara non che di nada?? pq seguro que estas fots son as máis light, en plan "as que se poden ver". Si señor, trijo, como vas mellorando. Sobre todo pq a chavala q che está dando un bico non ten pinta de acordarse moito de que ten mozo... juajuajua. Os meus parabéns polas festas q vos montades. Teñen pinta de ser quetecagasporlasbragas, jejeje.

Por certo, rivas. Pq non viñeras ó San clodio a polo chuletón? Se todo vai ben virás a este, non?

Unknown dijo...

Sara non di nada, non... ¬¬

Tri, come!!ainda vou parecer eu máis gorda ca ti como sigas así!!

Dm dijo...

SAra esa foi moi boa¡¡¡ ja jajajaja
pero especifica o que ten que comer, que nunca se sabe.

Amigos, creo que vamos a ter que ir dicindo cantos somos, porque hai que chamar xa, o día mais probable será o 28, un venres, por duas razóns: a primeira, que vai estar todo petado, e a segunda e mais importante: que o 27 é xoves e hai counter navideño, xa, xa sei que a un par deles dalles polo saco, pero para a maioría é fundamental.

Pero bueno, admitense suxerencias.

Bou durmir, estou morto de sono.

Be happy friends

Dm dijo...

hei hei hei, non te vaias de listo poñéndome como voluntario...

E dicir, coma sempre teñome que encargar eu, que senon non se fan as cousas, que razón ten o jesus o decir: ¿quen vos da a vida a vos?

P.d:Que morboso eres tio, mira que sacar ángulos da foto... reitero en mi opinión puaggggg¡¡¡

Unknown dijo...

ai, ai, mora... él saberá o q come, pola conta q lle ten!!!!

Anónimo dijo...

Mora, pois chama xa e di unha cifra aprox, e así colles sitio, e se non acertas ca cifra é facil volver a chamar pa modificar o numero de persoas que van. Di 15 ou así, pa coller sitio. E non esaxeres tanto q non sempre te encargas ti de todo!! cando foi a ultima vez que fixeches algo?? jejejeje


E o coche... aínda por riba de con unha pota impresionante... TEN UNHA MULTA!!!??????

Rivas dijo...

Non fora da outra vez por quedar a chapar para un exame, pero desta penso estar alí puntual e con gañas de guerra cárnnica.. A data venme ben, incluso a pesares das inocentadas.. E tamén estarei no counter navidaño.. Que perspectiva.. un día de counter e outro con chuletón.. xa solo faltan unhas ######## para rematarlo..

_zarr_ dijo...

Ri... eu casi que prefiro que chames ti... (Mora, non mo tomes a mal... pero sempre deixas estas cousas pa o ultimo minuto) Ou si tal dademe o nome do sitio que madrugo e chamo eu ;-)

PacoErasmus dijo...

Tería delito que tiveramos que chamar nós eh Zalo??

O lugar é San Clodio
Tel. +34981584997

http://www.buscorestaurantes.com/restaurante/Parrillada-San-Clodio-25249-0.html

Facede incapé en que sexan os mesmos langostinos e o mesmo chuletón, que xa se sabe que segundas partes nunca foron boas. Ah, e pensade seriamente si o ides comer todo, pagar unha pasta pa que vaia de volta é tontería.

E agora que non chame todo o mundo á vez ;)

PacoErasmus dijo...

http://www.buscorestaurantes.com/restaurante/Parrillada
-San-Clodio-25249-0.html

_zarr_ dijo...

Por ceto... Ri ten razon... Tri: ¿acercácheste a ver si era de verdade unha multa?

PacoErasmus dijo...

Pois..., pode ser, eu que sei!!! bastante asco dou xa acercarse para a foto. Bo inciso Ri ;)

Anónimo dijo...

uf, espero á reacción de mora a ver que pasa e se non treme a terra mañá chamo. Fixen contas e sáenme 13. Mal número para o día dos santos inocentes... Por suposto conto contigo, Sara, pero non sei se algunha amiga túa quere vir... así axúdalle a Sergio co filetazo, jejej.

Vicente, ti tamén dixeches que viñas, non? Ahora non empecedes a faiar.

E o tema da multa pensei que se resolvería pero vexo que non... TRIJO, COMO NON TE TIRACHES ENRIBA DO COCHE PA VER SE ERA UNHA MULTA OU NON?? non o podo crer... juajuaj

Rivas dijo...

Fago un inciso co tema das multas e os chuletón para camunicar oficialmente cando NON podo ir a Francia nin a ningures.. Tachán, tachán..: En Carnavais.. que cadran 4 e 5 de frebreiro se non me trabuco, xa que o día 6 de febreiro, mercoles de cinza teño o primeiro parcial de xeometría descriptiva: sistema diédrico. E non pensedes que é en plan COU.. Isto aquí soe ser moi chungo... Chunguísimo!! Xa sei que é unha cabronada ter un examen semellante data, pero "é o que hai", como diría Sinosuke.

_zarr_ dijo...

O do numero trece non me gusta... ou reclutamos a alguén ou botamos fora a Sejo.

_zarr_ dijo...

(Por exemplo ;)

PacoErasmus dijo...

ei ri, contaches neses 13 ao avogado do grelo non? que bueno, supoño que virá aínda que a saber, e pa preguntarlle..., creo que era esta semana cando se iba a Italia..., a sus labores, juas,juas...

rivas, deixa de fardar de debuxo chungo e ponte a chapar ;) Non contas nada da gabacha dende hai tempo, tamén está chapando ela ou que??

Anónimo dijo...

Pois non, non contei co avogado. É que son un cuadro, tío. Así xa somos 14. Espero reaccións...

Rivas dijo...

Se estou chapando... Pero non para debuxo, que iso vai a partires do 20 deste mes.. juajua!!
Pensade que non seremos 13 senón 12+1 ou se cadra, e non se perde por un tellado 12+2, que seguro que ten intención de apuntarse.. outra cousa é que o debir do espacio e do tempo llo permita.
Non conto nada da francesa porque non hai nada que contar.. Estamos todos en clausura por decembro polo que non hai actividades extraescolares, excepto ela, que dende que pillamos internet de gratis volveusenos un Sejo con "chatte".. Prácticamente teño o piso para min solo.. é impresionante, e claro, non hai moita ocasión de facer vida social con xente que non ves.. Eso si, vexoa máis que a Sergio.., pero iso xa sería falar de expedientes X.

PacoErasmus dijo...

Pos finalmente voume a Lyon o venres tarde, pero o sábado xa de reenganche para a casa. Dios nos pille confesados e nos bote unha man. Ou dúas.

Anónimo dijo...

¡Trigo!
¡Cuánto tiempo! ¿Qué tal va todo? Por lo que leo y observo (la foto del coche con la pota no tiene desperdicio...:)se ve que muy bien.
Por aquí sin muchas novedades, estudiando "duramente" para diciembre...
¡Hasta otra! Au revoir!

Anónimo dijo...

Hola, soy un compañero de industriales, y sobre el 16 de febrero me tendras ahí, intente convencer a caroline besse para que me diera informacion para alojarme en la residencia que hay al lado del IFMA, pero cada vez que le comento eso, lo unico que me responde es que ella me puede conseguir sitio en la home dome que esta a 15 min del IFMA, que es a donde os mandan a todos.

Conoces a alguien que esté en esa residencia, o si es mucho más cara que la otra, o algun mail para ponerme en contacto con ellos??

A parte de eso, que tal es la experiencia?? por lo que se ve estupenda, yo estoy deseando largarme...
Y el proyecto?? os hacen trabajar mucho??

Un saludo y gracias.... Hasta pronto...

Unknown dijo...

Ok, eu confirmo asistencia, salvo q se presenten causas de forza maior de última hora, q non será o caso, penso eu...

PacoErasmus dijo...

Pois non che vou enganar. O sitio non é que sexa cousa doutro mundo, pero como podes ver, mal non se pasa. E o da resi, aínda que os habitas-apartamentos da resi esa están xenial, tes o inconveniente de que estás un pouco lonxe do centro, e o tranway non funciona de noite. No Home Dôme non é que sexa un luxo, pero estase ben, estás no centro, tramítanche eles a axuda do estado francés...

Por certo, que non especificas, eres de industriales de Vigo ou doutra cidade?? Porque preguntei por aquí, e non te coñecen tampouco.

Pois vémonos en febreiro logo.

Anónimo dijo...

Perdona, pues soy compañero de industriales, me llamo esteban lópez, llame a Marta para que me explicara lo del cambio de destino, y en la cena de mecanica en el Lino cene casi delante de ella...

Y respecto a la residencia.... no se... es q soy muy vago, y eso de tener q coger el tranvia ese todas las mañanas para ir al IFMA con el frio que debe hacer... y eso q estoy acostumbrado a subir al cuvi pero.... XDD

Saludoss

_zarr_ dijo...

Tri, ¿puxeches papeles coa dirección do bLog por industriales? jeje...

richirial dijo...

Mora, arreglaches xa o de San Clodio?? que che dixeron? quedaches de chamarme pa decirmo e aínda nada. Mal rollo... se todo fose ben serías o primeiro en chamar, non?

Dm dijo...

?¿?¿ Ri, cando quedei de chamarte? o lógico é que me chamaras ti a min se tiñas tanta incertidumbre non? ou estás tan ocupado estudiando que non tes tempo de realizar unha chamada?

Pois eso, para aqueles faltos de fe e que dudan da miña capacidade organizativa: xa está todo listo, sólo queda a COMFIRMACIÓN dos asistentes. A cea será o día 28.

be happy friends

Anónimo dijo...

Mora, quedaches de chamarme cando dixeches: "Cando saiba algo avísoche". Ademáis de que hoxe á mañan chaminche a casa para preguntarche

Dm dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Rivas dijo...

"Cando saiba algo avísoche"...
jejeje... Hai cousas que non cambian nunca.. Pois alédome de poder degustar tan afamado chuletón.. A verdade é que por aquí tiñamos serias dúbidas de que finalmetnte alguén chamase para reservar. Especialmente Sergio.. Eu dicíalle: "Tio, confía en Richi!"

_zarr_ dijo...

¿Tíñades serias dúbidas?... e ¿por que non chamades vós entón? Cousas que non cambian.. hehe.

Rivas dijo...

Plantexeimo.., pero a intención perdeuse no medio de múltiples espacios vectorias.. Ademáis non vai a chamar o novo.. E por certo, as chamadas internacionais tampouco son tan caras hoxe en día.. juajua!!!

PacoErasmus dijo...

Bueno, mola ver que a estades montando coa cena, pero si xa está reservada non hai problema. Eu voume a durmir, jejeje..

Ah, opino coma Zalo.

PacoErasmus dijo...

[...]"ahora imagínense el CUADRO"[...], artigo Reverte desta semana, joer, copiando palabras do noso avogado pintoresto, hin hin...

richirial dijo...

Bueno, trijo, vouche deixar un enlace a un vídeo pa que vexas con que persoas ten q lidiar o rivas na cafetería da súa facultade. A verdade é que é unha persoaxe q te cagas, e vendo o que di non me extraña q ós da coruña lles coste subir ó campus. Bueno, se digo q é de carballo xa digo moito, pero é q a maiores aínda por riba gañou o concurso deste ano do clube da comedia da primeira. O tipo en cuestión é... Rober Bodegas

E isto é o que lles poñen de comer na cafetería de aparejadores. Por eso o rivas cando volve pa casa non quere máis que ir de pinchos e de furanchos... jejeej. Non me extraña que veñas con fame... juajuajua.

Rivas, coñeces ó especimen este??

PacoErasmus dijo...

Pois oes Ri, que conste que os teño visto mellores. Non está mal, pero para ser o gañador… Os mellores que vin foi os do ICARO, na Plaza Independencia os mércores en Vigo. Pero supoño que eso de estar en directo e cunhas birrillas da para disfrutalo máis.

E si queredes ver fotos chulas, mirade este enlace de fotos de “erasmus” do IFMA


Fotos

PacoErasmus dijo...

En jallejo mola máis

Dios, poucas janas de chapar

Rivas dijo...

É boísimo o fulano! Soame lixeiramente de vista, pero nada máis..

Anónimo dijo...

Por certo, tri, vexo q te puxeches ó día en Html, con certos detalles q se ven. Noraboa, xa que ata fai pouco moitos non sabíamos nin facer enlaces web nin leches, jejej. O dito, noraboa

Rivas dijo...

Eu non sei.

Anónimo dijo...

Pois home, non é vital, pero tampouco está de máis saber un pouco pa cando teñas que facer a túa web ou blog chachipiruli customizado

Rivas dijo...

Pois cando marche de erasmus ou teña algo interesante que contar ou teña que facer unha por algún outro motivo serio xa aprenderei.. Mira que se ocupo espacio no maxín e logo desaparece o html antes de que faga nada menudo disgusto.

PacoErasmus dijo...

Pois de feito Rivas xa nos tocará lidiar co XHTML, XML.... eh Ri?? Disto quen supoño que nos pode dar un baño é o becario USA ;) despois do chuletón e de tajarnos..., no, que no lo explique para o verán mellor, jeje...

Rivas dijo...

Por certo Mora. A flor do abeto non é das miñas favoritas.. Se inda fose un tulipán!

Dm dijo...

Rivas ¿¿de que me estás falando?¿?¿?¿

Anónimo dijo...

A saber de que fala, pq eu tampouco me enterei de que vai o comentario...

E QUE MORTO ESTA ISTO!! NON HAI HISTORIAS OU QUE?? jejeej

PacoErasmus dijo...

Eu tampouco entendo Rivas.

Vaites, outro usuario anónimo. Non contaba eu con tantas sorpresas no blog.

Unknown dijo...

Boas a todos de novo!, non é novo Tri , o _jaque_ é o Richi.
Supoño q vos verei a noite
Ta despois

Rivas dijo...

Hola e felices anos!
Cono xa lle comentei o outro día ó Tri na estación, temos que pillar os billetes para esa visita a "La France" e de paso esperemos coincidir c moza do Sarcozy..

_zarr_ dijo...

Pois eu mañan vou a voar...

explicome, primeiro 20km sendeirismo (con 1km de subida) e despois vamos a un tunel de vento deses dos de caida libre. Xa vos contarei se vale a pena ;-)

Por certo, tou borrach%$&/