sábado, 12 de enero de 2008

Une annonce très important

Hola outra vez dende a France camaradas e camarados. Dados os múltiples virus que nos atacaron por tódolos flancos, e que fixeron sucumbir ao mesmísimo licenciado nas artes do deporte físico, foron sen dúbida as vacacións de Nadal que menos nos vimos penso eu. Bueno, o caso é que teño que informarvos de cousas importantes:

1º. ¡¡¡Aprobei loxística!!!, a do tío chungo que nos facía exame subxectivo e nos carga/aproba según lle salga dos seus santísimos collóns. Esto non ven a conto, pero entre a pasta gansa que me aforrei de golpe de matrícula para febreiro e que non a contaba nin de coña…, mola, sobre todo despois de haberme rajado das outras. Eficacia 100%.

2º. Con respecto á que me rajei o día antes e que vos dixera que volvía para o 15 febreiro, cambiaron os plans. Resulta que a cargaron os compis erasmus, e seica lles dixeron en revisión que ¡¡¡podemos facer o exame esquí o mesmo día e á mesma hora!!! Só temos que buscar unha representación oficial no IFMA para que nos vixíe, e ao rematar mandan os exames por fax. O caso é que como podedes imaxinar, suspendo a viaxe programada a España para esas datas.

3º. Por min a viaxe podese organizar como estaba prevista para esas datas. Si por exemplo queredes ver París, pois vémonos aí. Outra alternativa é que veñades vía Vigo(Santiago, Coruña)-Barcelona-Lyon… Ou como si vos apetece ver calquer outra cidade de Francia ou alrededores. Só que hai que ir planeándoo para cuadrar as cousas e fiesta. Contádeme por e-mail ou ben chamádeme, ou polo skype… Só ten que ser a partires do 15 de febreiro, sólo jodería rajarme incluso aquí outra vez.

Non dubido da vosa capacidade de organización e comunicación entre vos para organizar estes eventos (sic), espero que organicemos unhas boas xornadas. De pasta, onde máis gastaremos será no lugar que visitemos, en Clermont sale económico.

Por eso de poñer algunha foto aí van dúas da iluminación navideña de Clermont e outra coa despedida antes de vacacións dos gabachos. Como podedes comprobar o IFMA é un campo de nabos bastante considerable, jejeje...



4 comentarios:

Unknown dijo...

Vaia vaia hoxe estreno comentarios, pois a verdade q non se me ocurre q dicir con tanta emocion, so q en caso de q puidese dispoñer de fondos pa darche a visita, non sei se poderia ir por esas datas, pero esa é outra historia q xa nos encargaremos de discutir por aqui, e indo o importante; ¡enhoraboa polo exam!. Celebrao como se merece.
Ta pronto

Unknown dijo...

Noraboa por LOXISTICA!!! Eso é eficacia!! Xa queda menos para acabar!!
Ibache dicir que nos viamos no exame de sistemas electronicos, pero xa vin, e xa me contou Sara, que nada, que non vamos poder copiar de ti nadiña, en fin, a ver se hai sorte para todos...

PacoErasmus dijo...

E noraboa a ti por enerxética e hidráulicas. Menudo correo tan choromicas que me mandas e ó final mira, xa volvemos estar empates, e aínda enriba coas mesmas 2 asignaturas para finalizar, calquera diría que andamos a competir, jeje... Pero xa me gañas agora, que eu a unha xa nin vou asique. Pero así logo empezas coa superbeca do Prado e xa podes vir a visitarme coa Sara ;)

_zarr_ dijo...

Eu por razóns evidentes tampouco estou dispoñible para a visita ;)

Por certo, molame moito a foto da noria... ¡tiveches bo pulso!