viernes, 9 de mayo de 2008

Mon vélo est mort!!!!

Il ne me reste plus que d’une semaine pour retourner à l’Espagne. Ça sera un peut difficile, mais c’est la vie!! De toute façon, j’ai envie de voir à ma famille, mes amis, ma copine, mes chiens, ma chatte... Ivan, Rita et Marta sont déjà partis. La suivante sera Carola, ce mardi, après Jimena le jeudi, et finalement moi, le vendredi prochain. J’ai essayé de profiter mon vélo cette dernière semaine, mais malheureusement il a cassé. Je n’ai pas de la chance.

Bueno rapaces, de hoxe nunha semana estarei a estas horas en Vigo, si o avión non se cae ou cousas polo estilo, non sexamos cenizos. Por fin se rematarán esas semanas inundadas de birra e de non rañala en todo o día (sic) jejeje..., vaime triscar o lombo en canto o dobre.

A movida é que me piro o venres as 6 da mañá, as 3 horas de rigor ata Paris, Charles de Gaulle, Oporto, Vigo, e logo de pasar ese fin de semana nun piso franco da cidade olívica (jijijiji.....), debería arrivar á casa o domingo pola tarde.

Por aquí o primeiro en irse foi Ivan, xusto foi vir da viaxe da Bretaña, e marchou ao día seguinte. Por suposto houbo que despedilo, aínda que non demasiado porque se pirou en coche alugado ata Biarritz e non era pa montar unha festa de doblar. E menudo coche que lle deron!!! Cambiáronlle o 206 que contratara por esta mole. E por suposto non podía chamarse doutra forma a furgalla "multivan".


A rapaza nova da foto, a de camiseta azul empezando pola dereita, é Diana. É unha incorporación do 2º cuatrimestre, vasca de pura cepa, con carácter vamos, que xunto con Esteban, foron dúas grandes fichaxes desta 2ª parte do orgasmus.

E aquí a despedida este luns pasado de Rita e Marta. Como suele ser nestes casos montamos o drama na estación, correndo detrás do tren e todo cando arrincou. Os das gafas son os 2 italianos estándar, pero boa xente todo hai que dicilo. Sentinme incluso un pocuo mal porque eu non é que me fartase a chorar, pero bueno, será a idade, jejeje... E elas ben saben que as vou botar de menos, e admáis Laxe e Ourense están ao lado coma quen di.

E estes últimos días ocorréuseme que, aparte de alcoholizarme, podía aproveitar para rular uns montecillos por aquí. Xa víchedes que Clermont está rodeado por todos os lados de montañas, asique só era coller e tirar sen rumbo hacia arriba na busca de boas vistas. A pasiaxe realmente cambiou moitísimo en só 2 ou 3 semanas. Agora están xa todas as árbores con folla, e mola moito máis.

Pero puta sorte a miña, porque me rompeu a cadena. Ía todo pancho subindo, e crash!!. Aparte da hostia que casi me meto (ía levantado), o cabreo foi gordo cando vin a cadena no chan. Pero bueno, que lle imos facer, filosofía. Para baixar nada, en punto morto, jejeje..., e a bici..., pois foron 30 euros, amortizouse soa. A única putada é que estaba de coñas con Sesé de que un día tiñamos que facer os "papeles", pois xa me dixera que a compraba ela, que a fin de contas lle daba ela máis uso que do que lle daba eu. En fin, supoño que non será moi cara unha cadena (ou sempre se pode mangar unha), asique que se maten agora os herdeiros jeje...

Por cierto Killo, espero que profites bien estas lecturas en gallego que te brindo ;)

ACTUALIZACIÓN:

Pois gracias a Esteban aproveitei a xornada dominical para continuar o rule que quedara "interruptus", despois de madrugar a eso das 3 da tarde (esta vida estame matando). Foi moi positivo, sobre todo suar eses alcoholes e esas grasas saturadísimas dos kebabs. O único chungo que case me pilla unha supertreboada no medio da nada, pero zafei polos pelos, só catro gotas.

Déixovos uns vídeos do que podería ser tranquilamente un camiño de senderismo galego. Ummmm....., bueno, sen eucaliptos e lixo, jeje...





13 comentarios:

PacoErasmus dijo...

Pois foise Esteban hoxe pola mañá a unha tenda de bicis que hai preto e por 5 euros amañárona.

O que eu vos dicía, unha gran fichaxe.

Unknown dijo...

Ufff... mimá, pa o italiano da dereita...!!!
Bonito agasallo para o sector feminino do blog! + vale tarde q nunca... q xa empezábamos a pensar que solo había jamonas en Francia!!!! jejeje

Por certo, recomendación a todos os lectores: http://www.caciqueorigen.com
Regístraste e invitan (ó registrado + 4amigos) a 1botella de cacique o día e no local de Vigo(neste caso) q se seleccione. Seica Katy registrouse e acaban de avisala d q se pase esta noite a pimplarse a botella...

Na época de crisis na q nos atopamos, estes detalles agradécense, nn? Aínda q haberá q comprobar si ten truco o choio...

Saudiños!!

casiope00 dijo...

Boas ¡¡

Levaba un tempo sen pasarme por aquí, e a pouco máis pillo o blog coa persiana baixada. Espero que teñas unha boa viaxe de volta en avión, ainda que deberías sopesar a posibilidade de pillarte unha multivan desas e vir facendo ruta. Así poderías traerte a magnífica vélo esa, arranxada por 5 eurolos :)

Así que nada rapaz, volta, que aquí xa che están esperando coa botella de Cacique na man :)

Apertas

Anónimo dijo...

Muy boas tardes, jejeje!!! Al fin me decido a escribie en este espacio que tan poco he visitado....

Lo primero es dar la enhorabuena por este sitio que tan bien os tiene al corriente a todos y gracias al cuál tenéis conocimientos de lo que le pasa al susodicho (que para mí será siempre 'Monsieur Blé').

Pues sí, como todo final arriva a buen puerto, (malo en este caso) las despedidas, unos antes y otros después, nos iremos yendo todos poquito a poco, pero bueno, todo llega a su fin y lo que se me ocurre es daros las gracias por este tiempo.

Haciendo un breve resumen diría que esta estancia en tierras galas ha sido, para todos, una experiencia bastante gratificante en la cual cada uno ha puesto su granito de arena y su 'sagesse' (sensatez y/o sabiduría) para dar lo mejor de sí mismo y sacar de cada individuo sus mejores virtudes.

Mi persona ha experimentado cambios significativos y dignos de ser resaltados y mencionados, pero que sea Trigo quien os los cuente, si quiere, porque yo no tendría sitio en este espacio para contároslo todo, así que para cualquier duda ahí estará 'Monsieur'; ante todo he de decir que mi suerte ha estado presente en Clermon-Ferrand (ciudad que todos sabemos ya decir perfectamente), y que gracias a la cual me ha hecho conocedor de la gente tan 'especial' que ha formado parte de mi vida en este período.

Como yo seré casi el último en irme, allá por finales de junio, pues me tocará deciros adiós a todos y que se me escape alguna lagrimilla como ya sucediera el día que Marta y Rita nos dejaron, y que conste que hacía mucho tiempo que no lloraba, pero como dice el abajo firmante, " NO TE RÍAS DE LA BICI DE UN GITANO PORQUE PUEDE SER LA TUYA".

Muchos saludos y un abrazo muy grande a todos los que vinieron, Rivas, Mora,... y los que no también.

El 'Killo'----> felipe

Anónimo dijo...

Pois a bici esta ben... por 30+5 eurillos ata cha compraba eu ;-)

Realmente eu tamen me acordo das despedidas do meu erasmus... era unha sensación rara... coma que nada deso se iba a repetir... (mentres o fígado dicía: ¡Por fin!)

Bueno, non nos poñamos melancólicos... sniff...

Outra cousa, eu estarei pola comarca na semana do 20-28 de xuño... así que me molaría organizar algo para ve-la peña... ainda que comprendo que algún exame tamen teredes..

Xa sabedes, intentade pasarvos e invítovos a unha botella de cacique en Vigo ;-)

Gonzalo.

Anónimo dijo...

Wenas!

Primeiro tema que non vou a deixar a Sara soa ante o perigo de tanto rapaz, tes razón o sector femenino agradecemos que deixen as jamonas un pouco de sitio a algún rapaz interesante, que a ver si incentibamos as visitas femininas a este blog, ainda que sea así o final do erasmus (xa que estou en Vigo apuntome o do cacique).

Hai que coller as cousas polo lado bo, normal que de tristeza esto de que se acabe a experiencia, pero pensade nas posibles reunións que vos podedes montar visitandovos e coñecendo os respectivos fogares de cada un.

Bueno, Fran, xa sei que non vai ser o mesmo, pero xa hai ganas de verte por aquí, contando que estou en Vigo a partir do domingo, vemonos o seguinte finde!!

Moitos bicos a todos!!

Ilsinha (trabajando,jejejej)

Rivas dijo...

Pois resulta que case sinto a fin do orgamsmus como se "participase" gracias a este blog que nos tiña ó día de todo.. É coma cando remata a túa serie favorita.., é coma que perdes parte da túa vida.. Ademáis erades un grupo moi simpático polo que lin.. e vin cando estiven alí: Un cordial saludo a Felipe! Erais una peña de p.m.
Sorte a todos na vida.. jeje!!

PD. Dame gañas pasar a polo cacique por Vigo, pero xa tres viaxes case consecutivas a Olívica Cidade serían demasié.. e hai que empezar a estudiar.. jiji!!

Unknown dijo...

oohh...!!
bonito entorno...e non, desta non vai polo italiano..juas juas... :)

Nada Pili! Hai q facer forza! q xa q somos poucas...!! ;)

Biquiños a todos

Unknown dijo...

por certo...

todo é tan melancólico... :(

por dioss!!!! son eu a única q se alegra da FIN de este ERASMUS???????????????? ;) ;)

PacoErasmus dijo...

E agora é cando no manual do churri perfecto (capítulo: "como superar un Erasmus"), eu digo que a min tamén le aleda ;)jejeje...

Agora en serio oh!! Todo está ben na súa xusta medida, e como di un amigo meu, "lo mucho aburre". E como unha vida eterna de Erasmus acabaría incluso aburrindo ou matándote de cirrosis, pois sí que é lei de vida que teña que rematar coma outra experiencia calquera.

E máis aínda si teño unha superchurri agardándome que ten tantas ganas de verme

Anónimo dijo...

Hola Paco!!Te estarás preguntando que quien soy , jeje veras te explico. Me llamo Carolina soy de Sevilla, me han dado la erasmus a Clermont para el curso 2008-2009 y he estado viendo tu blog , es mas lo he estado siguiendo para hacerme una idea de como es la vida alli. Hace poco que me lo confirmaron. El problema es k d mi facultad nadie se ha ido desd hace tiempo a Clermont y no tengo ni idea de como es el Ifma, si hay practicas (stage), en que fecha son, de com es el nivel de la escuela, de como de caro o de barato es el nivel d vida, de si vivir mejor en un apartamento o en la residencia del Ifma, de en que zona alquilar el aprtamento,asignaturas, como se organiza alli cada curso, y la verdad millones de dudas que no se como resolver. Te agradecería un monton que me orientaras un poco por favor. Espero no molestar demasiado. De verdad te lo agradecería un monton pork es k ahora mismo estoy super perdida. Mi correo es carolar3@hotmail.com. Besos!

_zarr_ dijo...

Mira Tri o teu bLog.... despois de case un ano non deixaches claras esas cousas tan básicas, que cho teñen que preguntar directamente... moi mal.

Fíxate que Carolina pola parte da festa non pregunta ;-)

Rivas dijo...

É certo! Parece que ten moi claras as cuestión referentes a actividades lúdicas pero.. ¿Será que os estudiantes non saen do seu país desexosos de acrecentar a sús formación?

Carolina! Apartate del vicio y la depravación..! Pues tales malas artes solo conducen al gozo y a una visión epicúrea de la vida.