Hola xente, por fin rematei o proxecto. Rematei quere dicir que xa me furrula o modelo no programa e que está comprobado cunha excel que vai ben. Agora queda redactar casi todo, poñelo bonito, facer o power point… e presentalo, glups!!!!!!, pero vamos, que bastante contento. Xa sabía eu que pa que currar 6 meses si se podía facer todo en 3 semanas, como se fixeron as cousas toda a vida non? jejejeje...
Este mércores marchamos a facernos a ruta dos castelos do Loira, logo pasaremos pola Illa de Sant Michel (creo que se chama así), que está pola zona de Normandía e seica é impresionante ver subir a marea aí, pois en 5 minutos ves avanzar a auga dende o horizonte a toda leche. E logo paseíllo pola Bretaña e ir baixando pola costa ata a Rochelle, e depaso doulle unha visita a Zeltia. Regresamos o seguinte venres, e logo a rematar o que non me de tempo a facer de aquí a mércores, e presentar o mércores 30. E bueno, a traca final un pouco máis, e si todo vai ben antes de xuño haberalle que poñer data de caducidade a este orgasmus (a visita a Paris conta tamén Sariña ;), e doblar o lombo cando chegue á casa, a ver si non me trisca, jaja..
Deduzco que andades todos superocupadísimos (sic), que non hai moito movimiento nin por equí nin polo de Zalo. Bueno, a parte de Pili que sí que seica anda ocupada de verdade entre o curro e cursos. Supoño que o Mora que nin se dignou a comentar nada da viaxe (igual non lle gustou?? jijijiji....) andará chapando coma un león, Rivas...., Rivas vendo o medrar as patacas¿? jeje... E falando da peña, o banquero exiliado?? Estaba a ver si o chamaba un día, pero entre o agobio destas últimas semanas e que sempre vas deixando... Supoño que debe seguir vivo.
Pois nada, déixovos un vídeo dunha obra que tivemos que facer. A profe empeñouse na puta obra, e como somos tan majos non lle puidemos dicir que non. Acaba así un pouco chunga porque está cortada para que sigan outros 3, e aproveitar a mesma para varios. Xa vedes, quen dixo que todo era cocerse no erasmus, tamén hai tempo para facer o ganso formalmente, incrible! Así sona o fransés con asento jallejo jejeje...
12 comentarios:
Wenas!!
Moita felicidades por rematar o proxecto, ahora que ando con él e me resulta imposible poñerme a facer nada pois enténdote perfectamente, e eso que eu non teño un pais novo que explorar.
O viaxe a Paris xenial, foi estupendo eso de ser a vosa mascota durante uns días, aprendín moito, ter a Rivas a 100 metros polo menos, sobre todo se é de noite e tou bébeda, que 13 horas de viaxe fan perder a sentatez e un mazo de cousas de Paris que se me olvidan cada día que pasa.
A verdade e que sodes uns bos compis de viaxe, todo moi divertido!! Aquí a verdade é que xa aburrimos a Sergio o outro día contandolle historietas así que, o que volvamos a xuntarnos xa lle daremos un repaso.
Como xa che contei a miña vida este cuatrimestre está sendo unha locura, apunteime a todo o que se me ocorreu e ahora non teño tempo para nada, e menos para estar diante do ordenador, porque a eso me dedico "profesionalmente". E para rematala cando me debía por co proxecto ós findes pois dáseme por salir hasta as mil e con eso destrozada toda a semana, que unha xa non é tan nova e custa recuperar e tendo que madrugar todos os días mais.
Por aquí a xente anda bastante cada un a súa bola, de vez en cando vexo a Mora e Sejo, e o último que sei de Rivas e que xa non ven a casa, ou eso me dixeron.
O banqueiro anduvo pola terra debido a celebracions familiares, pero eu non o vin, pero di Sejo que está ben, e os Che coma sempre, levo un mes sin velos e agobiadísimos de choyo que van a abrir un local novo!!todos uns empresarios!
Un bikiño a todos, e disfruta do que che queda, e espero que polo menos con motivo da túa volta nos demos xuntado todos!!
Bicoooooos!!!
Jelou!!! Sip, un pouco desaparecido.. Resulta que os principios evanxélicos de compartir cos necesitados non incluen o adsl dos veciños, e cando subo a aparelladores sempre me lian e non paso pola aulanet, por iso ultimamente non me paso moito, jeje!! Por certo, que este finde vou ir por vilanova e así aproveito para pillarlle as fotos de Francia a Pili. Ok, Pili? Pero vamos, que todo igual.., clase pola semana e resaca polos domingos.. Ah!! E co da crise inmobiliaria o xefe de Jesús aforcouse no curro... Según me dixo, os chavalíns de 18 estaban coma a cera de pálidos.., porque ó final a tv non cuerte tanto.. É curioso, pero taba cos pés no chan.., dobraría os xeonllos para consuma-la acción..
E logo ninguén vai dicir nada das dotes artísticas do noso amigo???
Pois a min non me queda outra que pronunciarme. A miña admiración, trigui, por esa interpretación maxistral. Por non falar da caracterización...jajaajjaaja... mundial! sí!!
Si che falla a enxeñería, xa temos algo de que vivir... ;)
Un besazo!! e bon voyage!!!
Maleta feita, e en 2 horas en pie, que desastre, que dura é esta vida!!
Pitufa, si a enxeñería me falla eu a verdade tiña pensado vivir de ti como exclavo sexual, porque do teatro... jejeje... Ánimo cos carretilleros.
Da parte de Vilanova ALUCINO que ninguén me putease nin comentase algo sobre a actuación. Onde vai eso de putearnos sen contemplacións????
É quen ata que chegue hoxe a casa non podo velo con audio.. O puteo sobre as 21h (meridiano de Clermond.
Jejejeje!!! Xa podes empezar a cobrar da SGAE.. Iso si, non penso pagar polo orixinal ata que lle poñan subtítulos! Tiñas uha pinta parecida a miña cando caín no porto do Xufre.. O que está claro é que o francés termina en "lá": "blablablalá" "blebliblolá" "serei un actor famoso lá"... juajualá!!
Juajuajua.... actuación apaixoante... ¡ata teño unha lagrimiña!, e iso que deberías subtitulalo para os ignorantes que só podemos pillar o de ulluuuulá blilitilá maracullá...
Por certo, noraboa polo proxecto... o de escribilo tamén e duro... pero é mellor que sexa rápido e doloroso, que longo e doloroso.
Eu ando coma sempre... entre o tempo libre e a universidade, pois xa non me queda tempo libre... proximamente contovos o que fixen este fin de semana... só dicirvos que acabo de muda-la pel coma un lagarto.
¡Ata pronto!
A verdade é q sonas gracioso aínda q tamén axuda as tuas pintas, pero dende logo q sorprende a fluidez de como falas ou polo menos da esa impresión.
Enhoraboa polo proxecto e a disfrutar do resto do tempo q queda. Algún novo destino en vista?
Ta pronto
Non teño tempo a nada co carallo do chollo!!!!!!!!!!
Como vos van as cousas??
Eu sigo a voltas co carallo das oposicions e inda non saben cando van ser pero creo que polo que di a da academia vou sobrado, e eso q vou 1 vez a semana.
Non me quero imaxinar si fose todo-los dias.
Encontreime os DIVIS en cambados e falaronme como se fosemos intimos.
Incrible.
Vou seguir choiado un rato.
Mellor dito vou mirar un ruido coche que non sei que lle pasa segun o tipo.
Veña a coidarse.
Lancer
Hola Vicent!
Precisamente contigo quería "falar". Estou moi disgustado contigo.. Eres un impresentable, un cabrón..!! ¿Como non me envias o correo do degollamento? Ca ilusión que me fan esas cousas.. Que non me aledo do que lle pasou, pero xa que llo fixeron prefiro velo.. franrivi@hotmail.com
PD. Os aprehensivos non preguntedes.
Pois eu estoume amariconando... que parei o video ó chegar o oso, máis ou menos.
Que cousas [+18] fan a xente polo mundo adiante...
zarr
¡Hola Trigo!
¿Qué tal va esa vida por ahí? Por lo que leo y veo muy bien, menudo vidorro que te estás pegando ¿eh? Jejej. Por cierto, te sienta fenomenal el "look" Doña Rogelia :D
Suerte mañana en la presentación y a disfrutar de lo que te queda de Erasmus.
¡Hasta otra!
Publicar un comentario