Et bien Shak, je crois que après avoir conduit la voiture de Julien sans le permis de conduire ici, seulement me restais faire une chose: une nuit complètement soûl. Et voila, hier nous avons fait une grande soirée, et après finir le whisky, nous avons bu du vodka et après quelques bières… C’est pour ça que aujourd’hui je suis mort!! Vendredi prochain, après notre examen, bien sûr il aurait une autre grande fête parce que mes amis viendront aussi. Cette est une dommage que vous ne serez pas ici!!
Pois aquí vos van as fotos do día da gala do IFMA, que foi na ópera de Vichy, afamada cidade polas súas augas termais, xa dende tempos de César. O caso é que como suele dicir o anuncio…, envío traxe 60€, entrada 40€.., haber ido non ten precio.
O menú non é que fose espectacular, xa sabedes, menus pijos deses que xa costaría entender o que pon en español, pa máis en francés, pero bueno, fame tampouco pasamos a verdade. E como bos españois adicámonos a recolectar as botellas de viño amediadas (eran mesas redondas) nesa media hora en que a peña ía para a pista de baile e os camareros empezaban a recoller.
E si certo é que servidor se mazou, nada do outro mundo. E realmente estaba sendo un erasmus a ostia de sano, por non dicir sanísimo. De feito aínda nunca agarrara unha destas que te deixan 2 días para o arrastre, máis ás miñas idades, jejeje… Pero como digo, estaba sendo, porque onte pillámonos uns ciegos xeralizados que pa que. Sobre todo servidor, que ten unha máis que aceptable “lagunilla” da última hora da noite, e que hoxe non é que se encontre coma unha rosa precisamente.
E para irvos previndo, este venres vanse a xuntar acontecementos, e haberá celebración conxunta de: fin de examen, despedida dalgúns franceses que coñecemos este mes e que piran outra vez e por suposto a vosa chegada. Facédeme a acordante de non me tajar tanto, porque o sábado haberá que facer algo cultural tamén non? Que o problema foi as malditas mezclas que nunca se deben facer. Todo ía de maravilla mentras nos jalábamos o güisqui, o problema veu cando éste se acabou, e nos pasamos a chupitos dun vodka que trouxeran Marcos e Felipe de Polonia, non me acorda o nome pero é moi famoso seica. O caso é que despois deste veneno pirámonos xa + ou – finos da resi, e claro, sigueuse regando o asunto con unhas pintas de birra e tal y cual, e así acabou un como acabou.
Pois este venres máis, que anda que non estou eu falando maravillas de vos por aquí, asique haberá que deixar o listón ben alto. Por certo, xa vos contarei, pero como o meu examen é pola tarde, para ir aforrando tempo e tal igual lle digo a Felipe ou alguna das rapazas que teña libre para que vos vaian buscar a estación. Porque ademáis haberá que comprar un palé de güisqui non?
31 comentarios:
Parece que inauguro.. Por certo, o Momo este ano foi Hugo Chavez..
Está ben que fales ben de nos, e claro que haberá cagamento de juiski.., ademáis do tabaco, jeje! Cal era a marca? Wiston creo.. E bueno, supoño que non teremos gala que nos obrigue a levar o traxe, juajua!! Por min non hai problema, pois sendo cidade de interior non me da medo. Mmmm, pero empézame a dar medo o Sena.
¿Seguro que estabas ben? Polo que contas darías positivo incluso en España... hehe.
Pois tuvo boa pinta a festa esa... ainda que a min o de ter que ir con traxe... fin de ano e para de contar ;)
boas noites zalo¡¡
A foto de narco arousano quedouche que nin pintado.
Rivas, todo o malo e empezar, e menos mal que o avión vai por interior que senon igual temos un disgusto.
2 dias.
be happy friends
por certo a cara de vicio pa tia que tes o lado... non ten prezo.
"Emulando o mora", xa che vale personalizando as anedotas... xa te pillarei.
WENAS.
Mora a ver si cuelgas las fotos de carnavales que me gustaria verme.
Por aki todo sigue igual y sin novedades en el frente.
Saludos
Jeje..! É que vimos a Vicente no Enterro da Sardiña nunha das carrozas vestido de "coñexa" playboy..
Joder o trijo ten a misma jeta de circustancias no 99% das fotos,fijadevos jaja
É e cara das fotos
queda 1 dia.
Et ben c'est du jolie tous ça, j'espere que tu va te remettre de ta "mega cuite"!!! Sinon tres jolies les photos du gala vous etes tous classieux, mais moi j'attend toujours les photos du tetris géant.
allez bonne continuation,
Hejdo,
Shak
Falei fai un momento con Pili en plan, "joder, xa chega o momento..". Creo que xa o teño todo, inccluida a mochila.. jeje!! Supoño que ó final non sairemos pola noite.. Así chegamos sen ojeras..
¡¡Fransia!! ¡Alá vamos!
Que ben che queda o traxe rapaz. Eres todo un gentellll mman. Por certo, con esas de andar collendo o coche sen carné e afectado lo juiski, con que se enteren os faemicos, retírannos o título do cursillo eficiente xD
Eña, un saúdo, pásao ben
Queridos apañeros de viaxe. 2 días despois de chegar sigo completamente morto. O outro día cascou unha línea de metro e pillei o tren por 2 PUTOS SEGUNDOS. Nunca correra tanto na miña vida e nunca estiven nun transporte público cheirando tanto a suor!! Nunca é suficiente o tempo que se poida levar de colchón para estas cousas.
O venres cheguei medio sobado á miña "rendez-vous" coa titora, e cando me quería poñer a seguinte para o luns despois das vacacións aquí, e lle dixen que ese día aínda estaría polo aeroporto..., medio me puxo cara de: "pero de que vas españolo?? menuda vida te pegas", e colleu e púxoma o martes ás 9 da mañá outra vez. O que non quere unha taza, sete.
Pois eso, que sin tempo a descansar coma quen di, e mañá a facer a maleta outra vez. Joer, vou vello pa estes trotes.
Bueno xente, á volta xa mando ese dvd coas fotos. No blog colgarei algunhas, pero sempre vou con retraso nos acontecementos ;)
Asique si algún de vos quere ir contando as peripecias máis destacadas: comer escargots, trapicheos co negrata, encerrados no metro, os putos mexillóns con nombre raro, opinión do pueblucho que é Clermont..., ídelle dando.
P.D.: Zalo, cando facía eu aquela estimación de pasta a gastar nunha hipotética viaxe a USA, igual sí que fun un pouco sobredimensionada, pero ben é certo que sempre acabas gastando máis do planificado.
P.D.: E finalmente virá Sara de xoves a domingo santos. Ao ser tan poucos días descartamos Clermont, asique supoño que tocará Lyon ou algo dos arredores.
A pegarme a Carola pa utilizala de intérprete esta semana, porque co meu inglés..., coma pa que pasen situacións cuadro jeje...
Pois a verdade é que prefiro que edites un comentarío e logo cubrimos o que falte, xa que non sei por onde empezar.. Con todo, parece que a viaxe de volta foinos accidentada a todos.., pois Álvaro máis eu case perdemos o voo no caos do aeroporto que emprega RyanAir.. Creo que poñía "cheking" cando o avión despegaba..
Chegamos logo de 80 km Francia pa riba.. e entramos nun aeroporto como o de Vigo antes da ampliación.. Onde había tanta xente que "precipitaba" de forma natural en forma de cola.. Si si, coma en Cuba.. pero sen planificación estatal.. Cando vencía o límite para entrar preguntamos a tipa que "xestionaba o caos" e deixanos pasar (ergo, a cola de 2000 persoas que cubria todo o aeroporto era inútil). Facemos "cola", esta si que era unha cola e non unha concentración espontánea de mártires, para pasar polo arco de seguridade que me fan pitar (non ó barbas do Álvaro) mentres na bandeixa iban ademáis das miñas cousas o DNI e o billete (polas presas botárao todo dentro).. E por iso que mentres me cachean berrolle á avogado que me colla as cousas, pero está en babia e a miña bandexa a piques de perderse no espacio.. Finalmente zóscase do tema mentres un poli me rexistra a equipaxe.. Eu mentres pensando que como perda a documentación non me sacan de La France nin os GEOS... Un acojone!! Finalmente outra cola para acceder á pista e unha zorryanair que me di: "Esa mochila es demasiado grande". Mmmm... "La policía revisó el equipaje y ahora abulta más". "Métela en el molde". Cágome en todo, mentres penso que aínda podo quitar cousas prescindibles para reducilo tamaño.. e.. milagre! Colle perfectamente.. Por fin despegamos 35 minutos tarde tras a chegada dos rezagados que pouco antes sudarían na cola de precipitados.. O voo agradable, vista das Rias Baixas mentres sobrevoabamos A Limia e aterraxe cun pequeno derrape ou acuaplaning sen auga en O Porto. ¿Que máis se pode pedir? Pois quedar durmido en Portas, despertar en Cesures e seguir para Coruña.. Baixaría o vernes tras despertar da borracheira do xoves, pero esa é outra historia.
¡Fran, pois accidentada si que foi! hehe... nunca me imaxinaría que as de Ryanair deran a vara co tamaño do equipaxe de man... eu cos meus 20+ quilos no macuto dende Alemaña..
Pero bueno, Fran, pensa que sin documentación sempre podes coller un tren de 36 horas e chegas sen problema. Imaxínate eu dende aqui, menudo charco tería que nadar...
Bueno, o venres teño o ultimo midterm, asi que despois espero ter algo de tempo para actualizar o meu blog coas gilipolleces que fun facendo.
Ta logo!
A todo isto as 36 horas serian no ferrocarril español xa que co francés recorremos a distancia Clermond-París en 3,5 horas.. Uns 600 km calculados a ollo. E vamos.., aínda que fosen 500km é un tempo xenial. E nun tren normal, nada de tgv! Sácannos anos e non por ser máis listos, senón porque chegan antes..
Buenas a todos!!
Xa facía tempo que non me pasaba por akí, e xa ia sendo hora, non?? A verdade é q ca cantidade de traballo q teño non teño moito tempo libre, pero bueno. Iso e máis que non teño internet no piso, que tamén fai moito, vaia.
Bueno, xa vexo, tri, que pola france todo vai ben, non? iso parece, jejeje. Por alicante non tanto pq hai que traballar, e ainda despois dun mes akí case non conozo nada. Case coñezo mellor valencia dos cursos que teño q ir facer alí do que coñezo alicante, pero bueno, está ben. A ver se vos pasades a dar un rule por akí, que agora xa teño piso (xa era hora logo de case un mes vivindo en hoteis...)
Por certo, teño q coller xa as vacacións do verán, e molábame ir pa casa cando estivérades todos, pa coincidir alomenos algúns días todos xuntos e falar algo, non? cando ides estar todos?? tri, ti cando volves?? zalo, e ti? o resto podedes facer un esforzo e un par de días durmir pola noite e así polo día incluso poderiamos ir a praia... juajuajua.
Bueno, saudiños a todos!!!!
por certo, non contades nada da viaxe a francia?? ou é q non pasou nada??
Yo supongo que a partir del 15 de julio, supongo..
Mmm.. lo de ir por Levante estaría bién, pero.. ¿Hay metro? Es que una ciudad sin metro no satisfaría todas nuestras espectativas.. juajua!!! Ya lo explicará Tri cuando se ponga a escribir.
Hola dende Bratislava. Despois de varias peripecias por Budapest, e de ter que coller un tren sovietico, chegamos xa fai un rato. No hostel de Budapest matei unha cucaracha no banho do tamanho dun punho, aqui parece coma se estivesemos nun 5 estrellas.
Despois dunha duchita merecida (pola manha botaronos do hostel un pouco precipitadamente), xa estamos acomodados, e imos tomar unhas cervecillas xa aqui. Por certo que fumos os banhos turcos estos, molou mazo. Ven a Carola co nos e isto parece unha Torre de Babel, e ela toda chinada a pobre porque en cada esquina aparece un espanhol/es, e ela co seu aleman nada de nada..., jejeje...
Pois bueno, cando regrese vou ser eu o que non tera tempo a contar grandes parrafadas. Porei si tal as fotos mais representativas e logo xa contades vos.
Que por certo, que finalmente a solucion mais comoda e barata para a vistia de sara resultou ser outra vez Paris!!! So que agora vamonos estirar un pouco mais e nada dun hostel cochambroso :)
Por certo, e incrible o rapido que se capitalizan estos paises, blanco facil de macdonals, emporio inditex ao completo..., ainda que che tenhan que escribir o billete dun tren sovietico a man!!!!
Bueno xente, ata o regreso.
Pois vai ser difícil o de cadrar todos xuntos... eu probablemente pase por ahi a segunda quincena de xuño... para despois volver para aca ata navidades. Esto ainda esta por confirmar, xa que ainda non merquei os billetes nin teño visado de volta, pero pasiño a pasiño faise o camiño...
¿Ri, e estando en Alicante ainda votas de menos o noso querido Terrón? Eso do Mediterraneo con auga quente-mexo....
_zalo_
Xa con esta viaxe tes a meirante parte e Europa no maxín... Que sorte!! Espero que dragads capitalice ben eos paraxes.., que ando falto dunha nova burbuxa inmobiliaria para cando saia de aquí... juajua!!!
Wenas!!
Estaba esperando a que puxeras un novo post, pero parece que a cousa vai con calma así que alá vou, para falar do viaxe vou a esperar a que ti e mais Rivas redactedes o mais significativo e xa irei metendo as miñas pinceladas.E ahora o parte de novas, xa que este é o foro de noticias aí van unhas poucas boas noticias miñas, e desta vez son boas que xa vale de ter sempre penas que contar.
A primeira, e mais importante, acabei coas asignaturas dunha vez, así que ahora oficialmente son proxectante, porque xa volvo a ter proxecto, outra vez, despois do plantón que me dera o outro profe, ¡viva!, acabouse estudiar para examenes!
E a segunda, debe ser que todos estes anos vivindo con xente de empresas me afectou e resulta que mañan vou a empezar a ser becaria de Caixanova, quen mo iba a dicir cando me metía cos banqueiros,jejeje. As voltas que da o mundo. Non é para votar cohetes, en principio 3 meses con posibilidade de 6 e despois... disque se verá no momento, pero polo menos é un comezo.
Pois nada mais, estas son as novas que teño dende que te deixei en Paris cos mochileros, a verdade e que foron uns días ocupados!!
Moitos biquiños para todos!!
Felicidades Mora!!(outra vez, e por si alguien non se acorda!!)
Pois noraboa por case finalizar a etapa universitaria e pola beca banquera!!
E felicidades a Mora polo seu cumple, que tamén é motivo de ledicia.. juajua!!!
PD. Pois eu palmei xeometría descriptiva.. Pode que o ano que ven teña tempo para meterme na escola de idiomas.. que non hai mal que por ben non veña!
Noraboa ilsiña, pero...., que asco dades, todos para banca!!!! ;) jejejeje...
Rivas si queda algunha haberá que ir buscando un pequeno curre non?? non sei a ti, pero a min este ano dame que lle "poño o ramo" como di miña nai, juas, juas...
Richi, eu por min, si todo vai según o plan..., bueno, o plan está sendo todo festa, pois si todo vai normal, debería regresar como moi tarde a partires de mediados de maio.
E rivas, apenas pasa de 400 km, tampouco esaxeres. O que pasa é que o puntazo da dobre vía e de que hai unhas rectas del copón, pois oes, da para zurrarlle un pouco aínda que non sexa un tgv do grelo.
Acordádesvos da MIRINDA???? O refresco ese de cando eramos pekenos!! Pois atopeima en Eslovakia, xunto con conservas calvo e isabel todo hai que dicilo. Curiosísimos os designios da mercadotecnia ;)
A ver si o finde fago tempo e publico post de parís. Pero non vou ter tempo para grandes parrafadas :(
Joyeux anniversaire Monsieur Mora!!! ;)
Mmmmm..... So 400km?? No mapa parecéronme máis! Xa mirarei no atlas.. porque 3:30 h por 400Km sería unha vergonza. Sarko dimisión!!
Por certo. Ó final resulta que aprobei xeometría.. jeje!! So é un parcial, pero é "o parcial", creo que me explico. De tódalas formas o dos idiomas é fundamental, pero xa se verá. Hoxe é cousa de pensar só en birra e mencía.
Erasmus en España, que vergonza!!!!! jajaja...
Pois non sei de que se queixan... ¿Non queren "unión" europea? Pois toda Europa a emborracharse e foder a España.. Ademáis co que gasten podemos correxir un par de milésimas do deficit exterior.. juajua!! De tódolos xeitos non todo o mundo é igual, pois Lea quixo vivir novas experiencias esguinzando un nocelo e pasando 15 días metidiña dentro da casa cas muletas.
Hola xente!! Ein!! Andades tan desaparecidos coma min e coma Zalo!!!!
Eu despois de Paris, da semanita por Europa do Este, da visita de meu irmán e churri, pois este xoves piro outra vez a Paris para ver a Sara. E desta vez nun bo hotel moi caro, nada de mariconadas de hostels morriñentos, faltaría máis, jeje...
Empezo a andar algo agobiado, básicamente porque se me veñen enriba 6 meses de vagancia abosluta, e a titora tivo aí unha semana algo borde, pero xa lle pasou. Ainda que non quitou que lle teña de dar caña á axuda do programa en inglés, e bueno, 2 idomas así de repente vanseme indixestar, jeje... De feito hoxe díxome (pola nova de que xoves e venres non estaba dispoñible), que en adiante, as viaxes que faga que lle pida permiso. Eu dicíalle, "sí, sí, avísoche", e ela, "no, non me avisas, pídesme permiso!!!" jeje.., pero bueno, de bo rollo.
A ver si mércores antes de baixar aprobeito a superconexión do IFMA para poñer unhas fotillos de París, si non xa me vexo en agosto actualizando o blog aínda con cousas de febreiro.
Que a todo esto, o Rivas está enfermo?? Mira que non comentar nada das eleccións aínda..., ou do chikilicuatre ese de marras. A veces mola estar fora da terra, jeje...
Que por certo, hai unha excursión na resi de galegos, e moitos son da Ría de Arousa!!! (algo abueletes xa, sobre 30 a 45 anos). De feito unha pava de Villa díxome que era a muller dun profe da Basella, que se chamaba..., Ismael pode ser?, bah, non sei, de calquera xeito a min nunca me dera o fulano porque me houbese sonado o nome. E estiveron tamén 15 días outro grupo de galegos, pero estes de arquitectura en Coruña, que habían sido seleccionados por non sei que concurso para facer un proxecto con franceses e alemáns. Vamos, que eu NON QUERO FALAR CON MÁIS GHEADA NO ERASMUS!!!! jeje..
Que por certo, sairon as listas da pasta que nos vai a dar a xunta, e 975 eurillos que non están nada mal. Como vai por expediente supoño que Zalo no seu día rapiñaría sobre os 1500, pero oes, non está mal. A fundilos na próxima viaxe, jejeje...
Holas!! Pois tou un pouco vago últimamente, xa que para conectarme teño que sacar o ordenata da mochila e supón moitas calorias.. jeje!!!
Ademáis, quedei desganado tras as eleccións.. O chikilicuatre á Moncloa e ZP a Eurovión.. ¿Ou é ó reves? Bah!! Que máis da.. É curioso pero ata agora sempre gaña quen non voto.. juajua!! Nas próximas vou votar ó neofascista do Zapo, haber se os demáis o botan!
Pois si que está paradísima a cousa.. Vese que todo o mundo está nas procesións, e agora tamén dando conta das roscas.. Por aquí todo parado e vendo chover, que é cousa boa para os chícharos recén sementados.
Publicar un comentario