miércoles, 30 de enero de 2008

Aniversarios múltiples, rencontros e despedidas

Pois sí, despois das navidades griposas que pasamos máis ou menos todos por Galicia, tocou partir outra vez, ben con algo de nostalxia por familia, churri e amigos, pero tamén é certo que con ganas de darlle duro a esta segunda parte do orgasmus, que dame a min que vou botar tempo en desascostumbrarme desta boa vida, jeje.... De feito a volta non foi fácil. Un que viña con ganas de acougar un pouco e poñerse xa un pouco en serio co proxecto, coa gramática francesa que me fai pero que moita falta, a chapar para o exame de febreiro..., pero ná, totalmente imposible. Un cúmulo de múltiples celebracións, entre elas 3 cumpleanos que celebramos máis de unha vez cada un, despedidas da xente fantástica que coñecemos neste primeiro cuatrimestre..., vamos, que non houbo tempo para máis. E a iso sumarlle os esforzos mediáticos e publicitarios que fixen para que me viñésedes visitar os que puidéchedes ao final, jejeje...

Que falando de franceses, xa case partiron todos, e só unha pequena porcentaxe se queda aquí o resto do curso. Hoxe tivemos unha macrocena duns 25 con xente que regresa do seu "erasmus" (stage aquí), e a verdade é que a primeira impresión non foi demasiado boa. A parte de que se coceron coma pulpos xa antes da cena, e evidentemente a montaron logo no restaruante e pouco lle faltou ao camarero pa botalos (botarnos por inclusión nun grupo) a patadas, pois teñen un aire que non me mola nada. Non parecen en absoluto a boa xente que eran os outros, locos, cocidos e todo o que queirades, pero tiñan un rollo máis sano e amigable. Que algúns bos haberá, pero en xeral véñome con mala impresión da velada. E bueno, sobre todo algún especímen máis que tampouco quero contar detalles por eso de escribir un blog políticamente correcto. Xa sabedes, os prexuízos do Trigo e todo eso anti rollito flower power. Pero dá un pouco igual que a maioría destes marchan outra vez a mediados de febreiro.

Pois nada, que mellor que un pequeno resumo visual, e como lle gusta a Zalo co seu correspondente pé de foto ;)

Santiago-Paris, un amencer que mola mazo, si ben é certo que logo te ralla un pouco cando che da todo o Sol e tes que botar a persianilla.

Benvida multiligüe de Carola, que joer, chegar e toparte esto na porta cunde un güevo. Que ganas de que chegue o Álvaro para ver si lle fai madurar os anos que leva de retraso, jeje...

Cumpleanos conxunto (uha das celebracións) de Marcos e Elena. O que vedes na mesa son gofres con nutella.

Novas amizades, as raparigas guapas do medio, madrileñas para máis descripción. A que teño ao lado pártese a caixa co meu acento galego.

Partido de basquet que xa vos comentara. Ao final non estivo mal, e incluso diría que pola novidade pois amorticei os 20 euros. Evidentemente o máis simpático foi estar animando a España, en ocasións incluso ao Madrid (Real "de" Madrid din eles), e co pobre Shak (un amigo francés) no medio de todos nós. A putada é que estabamos nas gradas contrarias á tele, e foi unha putada o de non haber feito o ganso polas cámaras da 2. Por certo, gañáron os madrileños sin despeinarse demasiado. E que fuerte que parecía como si vises unha pachanga así en directo.

Comida típica por excelencia da rexión de Auvernia, a famosa trufada. Básicamente patacas con queixo, xamón, baicon... Según a calidade do lugar onde a comas está bastante boa. Este día foi cando probei as ancas de rana, pero eso haino en calquera sitio penso.

Bebida típica por excelencia das macrofestas españolas. Según a calidade dos viños de garrafas de plástico de 5 litros que se usen poden estar mellor ou peor. Joer, a fregona aí ao lado non foi moi afortunado metela na foto, jejeje..


E finalmente a miña celebración de cumple, unha "joint-venture" cun italiano e depaso despedida nostálxica dos franceses.

Este é Shak (o do novo enlace no blog), que se vai pa Suecia. Aínda me acordo cando cheguei aquí que non entendía nada do que me dicían, e el amable onde os haxa, intentaba falarme en inglés, en inglés a min (sic). Si dá a carteira aínda se lle fará unha visita para a primavera.

Un petit morceau en français Shak, comme je t’ai dit. Je parle à mes amis de tous vous, et j’ai fait un petit résumé de janvier, comme d’habitude avec plusieurs photos. Bien sûr que cet Erasmus aurait été très différent sans les amis français. Merci pour toutes les fêtes et j’espère que nous nous trouverons bientôt.




E para finalizar este vídeo dun cumpleanos feliz cantado en acústico jeje... Chámase Lori a rapaza francesa que o fixo. E joer, a orixinal e inesperado non lle gañou nadie. Que por certo é unha das poucas que se quedan, a ver si a coñecedes cando veñades.

lunes, 14 de enero de 2008

Resume outubro-decembro

E que mellor forma de facelo que con un vídeo-montaxe destes. Por certo, a ver cando vemos o de Irlanda.

sábado, 12 de enero de 2008

Une annonce très important

Hola outra vez dende a France camaradas e camarados. Dados os múltiples virus que nos atacaron por tódolos flancos, e que fixeron sucumbir ao mesmísimo licenciado nas artes do deporte físico, foron sen dúbida as vacacións de Nadal que menos nos vimos penso eu. Bueno, o caso é que teño que informarvos de cousas importantes:

1º. ¡¡¡Aprobei loxística!!!, a do tío chungo que nos facía exame subxectivo e nos carga/aproba según lle salga dos seus santísimos collóns. Esto non ven a conto, pero entre a pasta gansa que me aforrei de golpe de matrícula para febreiro e que non a contaba nin de coña…, mola, sobre todo despois de haberme rajado das outras. Eficacia 100%.

2º. Con respecto á que me rajei o día antes e que vos dixera que volvía para o 15 febreiro, cambiaron os plans. Resulta que a cargaron os compis erasmus, e seica lles dixeron en revisión que ¡¡¡podemos facer o exame esquí o mesmo día e á mesma hora!!! Só temos que buscar unha representación oficial no IFMA para que nos vixíe, e ao rematar mandan os exames por fax. O caso é que como podedes imaxinar, suspendo a viaxe programada a España para esas datas.

3º. Por min a viaxe podese organizar como estaba prevista para esas datas. Si por exemplo queredes ver París, pois vémonos aí. Outra alternativa é que veñades vía Vigo(Santiago, Coruña)-Barcelona-Lyon… Ou como si vos apetece ver calquer outra cidade de Francia ou alrededores. Só que hai que ir planeándoo para cuadrar as cousas e fiesta. Contádeme por e-mail ou ben chamádeme, ou polo skype… Só ten que ser a partires do 15 de febreiro, sólo jodería rajarme incluso aquí outra vez.

Non dubido da vosa capacidade de organización e comunicación entre vos para organizar estes eventos (sic), espero que organicemos unhas boas xornadas. De pasta, onde máis gastaremos será no lugar que visitemos, en Clermont sale económico.

Por eso de poñer algunha foto aí van dúas da iluminación navideña de Clermont e outra coa despedida antes de vacacións dos gabachos. Como podedes comprobar o IFMA é un campo de nabos bastante considerable, jejeje...