martes, 20 de noviembre de 2007

Ginebra-Berlín-Lyon

Desta volta vai un só de fotos, unha porque non teño moito tempo, e outra porque agora mesmo non sabería por onde empezar para poder resumir esta viaxe.

Recentemente escoitei que elexiron a unha galega para presidenta do parlamento dun dos cantóns suízos (o análogo as nosas autonomías creo). Neste país moitísima xente falaba español, e algún que outro galego tamén atopamos.

Non me lembro dos datos, pero creo que o chorrito do grelo alcanzaba uns 200 metros, e 1 MW de potencia, que non é pouco. Desarrollo sostible non será, pero molar mola mazo. Molaría para un problema de máquinas hidráulicas, jejeje...

Visita turística-cultural por suposto. Velaí o primeiro microscopio electrónico.

Monumento chorras que mola mazo (fixádevos que lle falta unha pata).

Sede das Nacións Unidas, como podedes ver.

Foto chorras pero simpática non?? Di máis ou menos que non lles boten de comer, que son perfectamente capaces de alimentarse por sí mesmos. E a rata é a que o aproveita. Quedádevos coa traducción de jejeje... "hin,hin,hin..."

Travesía en barco. A última da temporada por certo.

Porta de Brandeburgo, en Berlín. Por onde entrou Napoleón..., desto o Rivas sabe + ca min fijo.

O muro, que o chungo era a zona "de la muerte" que había no medio dos dous muros, porque a verdade calquera narco galego ten un pedazo de muro que lle daría a risa ver este, jejeje...

Contraste entre edificio histórico e ao fondo a "Berliner Fernsehturm".

Parlamento (Reichstag).

Vista dos Alpes no voo Berlín-Lyon. Entereime que o dos aparellos electrónicos é só mentras despegas e aterrizas, ou polo menos había un chorvo co portátil e as azafatas non lle dixeron nada, asique...

Lyon Vieille (viejo). Ao fondo a basílica de Notre Dame de Fourvière, e á dereita unha torreta de telecomunicacións de aceiro. Moi gallego o contraste, jeje... Cando visitamos a basílica estaban dando misa, e mentras facía algunhas fotillos aínda a escoitei uns 5 minutos, en francés por suposto.

Toma tarro de nutella, eh Rivas?? tiñas que estar aquí, jejeje..., que por certo, misión imposible atopar nocilla, aquí ten o monopolio.

Ruinas romanas. Seica hai mazo túneles pola cidade, pero non houbo tempo para velo todo.

Nunha feira do chocolate, ummmm... Foto facendo o gañán con..., non sei que coño representaban as chorvas, pero é simpática.

Bueno, creo que xa chega para facer un pequeno resumo da viaxe. Menos mal que aquí no IFMA a wifi tira de medo, si non pa subir todo esto....

Por certo, pillei hai 15 días a típica minigripe-trancazo. E nada, coma me pasara hai dous anos en Vigo, ó castigar o corpo sin deixar que se recupere..., nunca estou mal, pero nunca estou ben tampouco. Pero o que mola é que aquí teñen médico no campus, e na, víñenme hoxe, e xa me deron unhas drogas no momento. E unha receta pa unhas pirulas na farmacia pa que as tome 3 días. No fondo é igual que alá, só que ao ser en francés a conversa aínda é máis curta antes de que che de os medicamentos, jejeje..., é igual que automedicarse pero coa conciencia tranquila, juas, juas...

35 comentarios:

Anónimo dijo...

Ese trijo!! Oes, vaia viaxe que te pegaches, non? mimadriña, vaia vacasións!! jejeej. O que non contas é cantos días estiveches ululando pola Europa, Foi unha semá? e a que seguro que non che miraban coma un inmigrante coma cando nos veñen a nós por akí os negriños do grelo?? ejejjeejej. E baixaches de peso ou que??

Anónimo dijo...

Fé de erratas: Pululando, non ululando, non vaia a ser, juajua.

Oes, e a gripe non a curas cunhas botelliñas de viño? que tal é por ahí?

Anónimo dijo...

Oes, e un tema importante: Como vos está afectando o tema da folga masiva do funcionariado francés?? ¿?

Rivas dijo...

A verdade e que lles quedou un parlamento mazo de bonito.. E non me extraña, que o vello tivo unha vida bastante accidentada.. A última vez que o vin foi mentres corria cara a porta xunto con máis camaradas sovieticos mentras os tanques nos cubrian bombardeando as ventás.. pero bueno, deso fai xa tres meses e non hai que vivir no pasado. Pero alédome do ven que lles quedou o novo, e espero poder visitalo na próxima simulación bélica.., juajua!!! Ah! E unha cousiña.. Non me traerias un deses tarros de Nutella verdade..? É lóxico que non teñan Nocilla, por qué hamburguesa tendo solomillo..

PD. Creo que deberíamos falar moi seriamente con zalo.. Case non aparece polo blog e últimamente lense cousas moi raras.. ¿!??? Ademais.., estando na cidade onde está, capital de non sei que.. pois non sei que pensar..
Por certo. ¿Neste blog é necesario ser giliprogre e chochotolerante ou podemos ser ó natural?

ilsinha dijo...

Wenas!!

Fran, o teu si que é vivir!Menuda envidia que das, pero sigue coñecendo o terreno que cando vaiamos, ¿por qué vamos a ir non?, xa nos programas unha visita o mais destacado.

Rivas, sé natural, total ainda que tentases ser de outra forma seguro que non che saía, así que para que esforzarse.

Bueno, aquí polo menos pola miña parte sen novidade, así que un saudiño, tamén de parte dos Ches que non fan mais que preguntarme por ti.
Bikiños

ilsinha dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Dm dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Dm dijo...

Si señor, como mola ir de eramus¡¡¡¡¡

Estou con ilsinha, deixate de recorrer europa, e coñece ven a zona francesa por onde nos vas a levar, que temos poucos dias e moito que ver.

Veña coidate.
P.D: Zalo preocupame... e rivas mais.

P.P.D: se queredes saber sobre este san teleco, visita:

http://www.flickr.com/arousa

Unknown dijo...

Por fín, fotillos culturais, xa pensaba que so habia festa por eses lares...
Eu quedome ca crep que está onde o bote de nutella, que delicia, e con nutella!! Pero que sepades todos, que seica a Nutella é máis natural que a Nocilla, leva máis cacao...eso me dixeron unha vez...o mellor ata son lendas urbanas...como se me vai a pinza...pero as creps, e os croissants en France son deliciosos (no? Sara), por algo veñen dali...

Non sei como te arreglas, pero creo que debes ter falta de vitamina C, porque nunca estás ben de todo, e eso que non eres fumador...

Fotos preciosas...xa lle deche unha idea a Conchi pa decembro, jeje...

Faite bo!!

PacoErasmus dijo...

Pois unha semana exacta Ri, de sábado a sábado. O viño..., en xeral é bastante bo, pero hai a típica calidade "erasmus" que é moi mala, jejeje..., sobre todo ó día seguinte.
O da huelga estívome explicando unha chorva de algo de letras o xoves pasado, e co das universidades é coma alá, que o estado quere quitar pasta e que financien as empresas +. Por eso o IFMA lla pela bastante e aos de letras non tanto. Dos demàis sectores, pois o Marcos que se foi a unha boda este finde a España tivo que facer algúns malabarismos loxísticos, jejeje..., danlle moi duro aquí ás reivindicacións.

E dis ti que adelgacei logo??,pode ser.

Rivas, sendo o meu blog, como che parece que podes ser!!!!! a pregunta ofende. E non sei por que o preguntas a verdade. O único que non me mola é que se supriman comentarios, primeiro pénsase e logo escríbese.

O de Zalo a min tamén me preocupou algo, sobre todo porque pinchei no link do victor manuel ese e non deixa ver o perfil. Agardemos que este finde nos escriba unha resposta convincente..., sinón haberá que escribirlle a Corina pa saber del.

Ilsiña, a invitación xa sabedes que a tendes de sempre, asique cando queirades (iso sí, despois de nadal).

Saúdos pos Ches.

Mora, si lle prestases + atención ó meu blog verías que xa puxen arriba á dereita un enlace para as túas superfotos de san teleco ;)

E sí que tomo vitamina C Miriam, pero debe ser a idade, jejeje... De calquera forma fíxenme a promesa de que mentras non me poña ben de todo non volvo a saír (e así empezo a chapar electrónica, que van sendo horas non?? jejejee)

Saúdos a todo o mundo.

Rivas dijo...

A La France claro que iremos! Eu polo menos, que este ano non podemos amagar como outros.. É máis, deberiamos ir comprobando calendarios de exames e billetes de voo. E tranquilos, que seguirei tan natural como o zume de laranxa recén exprimido.. juajua!! E bueno, supoño que o do Victor Manuel será unha novatada porque non sei se estou preparado para dous amigos e medio homosexuais.. Ceo santo..!! Dalgún non mo esperaba.., non señor! Espero que as loxias masónicas de usa non teñan "rituais raros" para entrar.. juajua!!

PD.O mundo é un pano dos mocos.. Sabedes quen vive en Coruña a 100 metros do mue piso.. Martín o do counter!! Atopeimo o luns no super que teño debaixo.. Joder! Un máis para festas!

Unknown dijo...

juas, juas...un par de dias sen visitalo blog e atópome a trigo feito un figurín, esparcindo as suas feromonas entre maduriñas suizas!!!! Jeje, menuda cara de pillo que tes... Estabamos vendoas na cafeteria de peritos,( habitat elixido para estudiar na tarde de hoxe, que a biblio xa estaba chea) e coa última ainda botamos unhas risas...
Rivas, menudos sustos nos das!! xa pensamos que perdéramos a un membro do grupo de asalto...Nós xa sabiamos que pasar demasiadas horas seguidas na biblioteca era perxudicial para a saúde pero por agora nunca se nos dera por divagar sobre si debiamos ser ou non "chochotolerantes" juas,juas
Trigo dame a min que vamos ter que pedir cita para ir visitarte...

Unknown dijo...

jeje... sí! eu tamén opino =. Vas ter q publicar a túa axenda pa ver como nos organizamos!!
Ou mellor aparecémosche todos xuntos por aqelo de aproveitar as economias de escala...?? ;)
Q por certo, Cris Tapias tamén m dixo q non qeria perder a oportunidade de visitarte.

biqiños!

Rivas dijo...

Estou cavilando tras unha tarde de biblio (tiñades que ver a bibliogaliñeiro que temos en Coruña, espero facerlle unha foto) que podiamos ir todos en plan orda..! Que dis Tri? Tes chan para todos?? Juajua!! podiamos facer turnos en plan cama quente pero ca baldosa..

PacoErasmus dijo...

O chungo de vir todos en bandanda pode ser posibles problemas loxísticos, e máis que probables incopatibilidades de datas. Grupos de 5 coma en Dublin a experiencia di que son optimos non?? Máis ou menos claro. Falámolo con calama en nadal.

Aquí esto está chulo, pero unha vez veñades a Francia digo eu que París querédelo ver non? Para que non vos gastedes as pelas e pasarvos todo o tempo neste pueblucho. E polo sitio aquí, con que pilledes unha habita para cada 2 (ou incluso 3) ides sobrados. É superilegal pero pasan de todo. Xa trazamos un plan estratéxico en nadal, porque por desgracia os recursos, neste caso a pasta e o tempo fundamentalmente, sempre son insuficentes.

Por suposto Sara non ten que pillar habita juas, juas....

Por certo, o abogado do grelo alguén sabe algo del?? Inda me vai dicir que non sabe como se publica nun blog!!

Para cando veñades Carola (a alemana), xa terá perfectamente dominado o idioma español e xa lle poderedes tirar fichas os que queirades, juas,juas... Que escándalo de tía, hai un mes non entendía papa, é soamente de escoitarnos falar aos españois comprende moitísimo e fala bastante. Eso é absorber idiomas, joer, que envidia sana!! Eficiencia alemana sin dúbida.

_zarr_ dijo...

Bueno, non quería meterme na polémica... pero bueno, o de escoitar que a gnutella é máis sana que a nocilla... por dios:
¿que é máis sano, un pouco de cianuro ou un tiro na nuca?

¡De todos modos eu prefiro a gnutella! Tri, ¿podes mercar un bote deses pa traelo para o Thelma en Navidades? Juajua...

E mira que sodes malpensados.. xa puxen no meu blog que é o Victor ese...

VICENTE dijo...

Que ven o estas pasando!!!

acordariaste de tua nai e traeraslle uns bos cachos de chocolate(do de comer) que seguro que desde que on estas na casa non volveu comer lambonadas.

Eu con un pouco de sorte igual me vou a suiza na ponte da constitución.

Pa eso lle estou facendo a pelota o xefe durante todo o que vai de mes pa ver si se estira e me da dous dias libres.

Un saudo


Por certo cando volves?

Anónimo dijo...

joer, vin, e a que vas a Suiza? pq a esquiar non creo... jejejj.

Unknown dijo...

O Zalo de viaxe pa intentar ver o oso Yogi, e ti dando un rule por Berlin-Ginebra-Lyon, dende logo q merece a pena todos os homeworks do mundo. E non é por q teña continuamente pensamentos impuros pero na última foto esa man esquerda parece q está a intentar agarrar as peitugas da señora, pero entendese q tes q botar de menos a Sara.
E o do bote de Nutella é sencillamente imprezionante

ta pronto

Rivas dijo...

Pois o de París é unha opción.., pero bueno, é o típico lugar onde vas varias veces na vida, polo que tampouco é como para obsesionarse. Pode que sexa máis intelixente ver Lyon que está por cerca.., non sei.. Xa veremos como facemos. E bueno, xa se sabe que os españois somos unha cagada cos idiomas.. Iso é unha ventaxa se os extranxeiros deciden aprender o noso para compensar.., pero unha follada se deciden non facelo masivamente.., sobre todo para poder ir traballar a fora. Un colega viu unha petición para ir a Emiratos Arabes por 115000 euros ano. Imprescindible inglés (el tiñao) e algo de experiencia (iso ainda non). Eu non mo pensaría.. Así que penso poñerme co inglés en canto poida.. Como non creo que teña grandes avances antes da visita a Francia, pídome a alemana.. juajua!!

PacoErasmus dijo...

Serás capullo Vicen, pero sip, fijo que entran menos palés de lambonadas sen estar eu na casa. De feito aquí é o menda quen surte os cafés con chuminadas varias. As tías dixéronme onte que a muller que me leve pesará 90 kilos, juas,juas..., i eu díxenlles que por eso busquei unha que non engorda, jajajaja... Por botar soberbias eh Mora?? ;)

Que por certo, o fin de semana do 8 de decembro son unhas superfestas en Lyon seica. Por si te che interesa pasarte antes de ir pa Suiza. Estes creo que van todos, eu aínda o estou pensando, pois son datas algo chungas.

Falando de comilonas. Propúxome o Che de repetir o superchuletón de Santiago para o nadal. Aínda que as exiguas vacacións non van dar para todo, eu apúntome dende logo a esa reunión cárnica. Sergio, dígolle a Sara e as amigas que veñan e pillades un para todos vos ok??, jejeje…

Rivas, nos Emiratos Árabes igual sí que tiñas que ser un pouco máis políticamente correcto, non?? Jejeje… Non sei, eu aínda que soubese mazo inglés tampouco daría a vida por irme a un sitio así, e en tal caso con vistas a un ano ou dous e volta pa casa. Coma na Galiza non se está en ningures ;) eh Zalo, que opinas?

Ah! Chamoume o domingo o avogado do grelo. E sip, non sabía como se publica no blog!! De feito disque debe ter algo mal que últimamente nin o pode ler. Textualmente: “soy un cuadro tío, pero me tenéis que querer tal y como soy” juas,juas…. Tamén me contou a súa versión da pérdida en San Teleco, e que o pobre non leva os “tenis” para que non o puteedes e que vai o Richi e o primeiro que lle lle pregunta é por eles, jeje...

VICENTE dijo...

Ri segun ti a que se vai a Suiza??

Pois a ver si teño un pouco de sorte e vexo a Heidi. jajajaja

Eu tamen me apunto a o chuleton en Santiago, pero avisade que asi non merendo que si non despois non podo comer patacas fritas nin ensalada.

ALGUN DE VOS SE APUNTA A VIR A FORMULA 1 A BARCELONA DO 24 O 28 DE ABRIL???



SALUDOS

Anónimo dijo...

E logo vas a abrir unha conta bancaria nun banco suizo pa escapar ó afán recaudador do estado español?? non sabía eu iso... eu non presupoño a que vai alguén a un país co que non ten ningunha relación (creo). Home, eu iría ca miña taboa de snow, pero non sei eu se ti esquiaches algunha vez. E circuito de F1 xa hai en españa... vacas leiteiras tamén... chocolates suizos hai no carrefur... neve tamén akí... síntoo, sigo sen saber a q vas. Alguén a parte de min non o sabía??

_zarr_ dijo...

¡Mmm.. pois o do chuletón é boa idea! Eu estarei por ahi do 22 ó 29 de decembro... ¿parécevos ben a data?

E Tri, a verdade e que coma en Galicia non se come en ningures ;-)
Pero por ahí adiante hai moitas máis cousas interesantes... ¡sobre todo si pagan 115mil ó ano!

Bueno, un saudiño.

PD. Xa me falta menos pa o final do trimestre... tan só 3 homeworks + 1 project + 2 exams 24h + 2 normal exams

Dm dijo...

Exámenes 24 horas??? juder... levas de comer?

Saudos a todos e todas¡¡¡

Unknown dijo...

Oe! A min si m levades, non comparto o chuletón cn nadie!!! En tal caso as patatas e a leituga, como lin por ahí...q sen eso podo pasar...
Pq vin a foto q puxo Mora, e non é pa tanto... eso nunha tarde sin merenda, baixa volado! juas juas

Unknown dijo...

e sintoo, non m podo poñer aqui a responderch o correo politico... ;)

Rivas dijo...

Ó chuletón tamen me apunto eu, que a outra vez perdinmo e quedei cas ganas.. Por certo, ¿de canto era? É para facerme unha idea.. Así podo comparar en unidades internacionais de chuleta do Froiz, a iso de 230g chuleta. Penso que se é dun kilo baixa voando.. As patacas e a leituga xa será outra cousa.. Juajua!!!
Hoxe pasoume un detalle con unha tipa do Corte Ingles que buscaba clientes para a tarxeta do corte.. Motivou unha reflexión sobre quen é o sexo debil e quen domina o mundo realmente.. juajua!!

Anónimo dijo...

hola tigro
tu que fuiste a estudiar o de paseo?
que bien te lo pasa y que bien rodeado te veo sobre todo con esa dos señora disfrazadas de tarta
pasate muy bien y haber cuando nos invitas para darte una visita ya que rivas se nos va a madrid nosotros nos vamos para junto de ti

Rivas dijo...

No te preocupes que a Francia también voy.. Jejeje!!

PacoErasmus dijo...

Pois é certo, hai foto de chuletón no fotolog do mora. Por certo, pódense poñer coments sin rexistrarse mora?

Asique estás mirando pa comprar unha voiture, joer, menudos reises che van a vir este ano, jejeje.... Ah, e a teu pai xa o coñecemos a estas alturas non?? jeje..

Está claro que pa estudiar non se vai de orgasmus lu!! ;)

Rivas dijo...

Veño de ler o artigo de Don Arturo da semana que termina, e xa hai outro motivo para pasarse pola capital... a ampliación do Prado.. Jeje!! Don Arturo non deixa titere con cabeza.. Non entendo como ainda non lle cae ben a Richi..

Unknown dijo...

Joer co do chuletón...pois non penso compartilo, ademais de q aquel día comera horas antes a merenda, pero esta vez non tomarei nin a comida pa comer ata as patacas e a ensalada
a mamala

Dm dijo...

Panda de debiluchos, patacas, leituga e os langostinos e a zorza dos primeiros platos como da outra vez... e despois o postre, por supuesto.

Sejo, fas ben, se non podes comelo, levalo nun taper e pa casa.

Rivas dijo...

Mora que? Que tal van as cousas pola Ría? Vai todo coma de costume ou estoume perdendo cousas interesantes? Supoño que andarán case todos liados cos exames.. Que Deus reparta sorte, que seguro que a vamos a precisar.., ou polo menos eu!