Finalmente conseguín facer as maletas “just in time”, e aínda me sobraron unhas horiñas. Dende que estiveramos na excursión de Santiago en Lavacolla, eu non volvera a pasar por aí, e se vos digo a verdá non recordaba absolutamente nada do aeroporto. A primeria sorpresa xa era aquí, pois dos 6 “orgasmus” que ibamos, só coñecía medianamente a unha (Sesé), algo a Clara e Marcos, e non tiña nin idea de quen eran Rita e Marta (e as referencias eran moi boas por certo ;-).
Agora que xa podo comparar compañías de baixo custe, dicir que con vueling nos deron caramelos, e puxeron a pantera rosa nunhas minipantallas bastante aceptables. Polo demáis os asientos moi pequenos coma cando fumos a Irlanda. O mellor da viaxe en avión foi que saímos de aquí á tardiña e viaxando para o leste, vimos un bonito anoitecer. Por un lado do avión todo negro, e polo outro a posta de Sol. E por suposto aterrizar xa de noite, non estivo mal.
Dende o Charles de Gaulle, Sesé máis eu íamos a Clermont en tren, e os outros catro con AirFrance. Pero de calquera xeito non nos quedaba outra que pasar a noite tirados no aeroporto. As primeiras horas pasámolas ben de risas e vendo unha peli. Por certo, de Wody Allen, “todo lo que quisiste saber sobre el sexo y que nunca te atreviste a preguntar” (creo), e…, bueno, supoño que para ser a miña primeira peli do fulano este, non foi a mellor elección. Logo puxémonos en “formación trinchera” e intentamos durmir algo (portátil de almofada por suposto), pero eu a verdá apenas peguei ollo.

Por orden de esquerda a dereita son: Rita, Marcos, Clara, Sesé, Marta, e servidor o fotógrafo evidentemente.

Á mañá seguinte almorzamos pagando a primeira “clavada” nunha cafeta do aeroporto, e depois de esperar a que eles facturaran, separámonos. É brutalmente grande este aeroporto, e para que vos fagades unha idea, chegamos á Terminal 1, e tiñamos que ir para a T2, co que había que coller un tranvía (gratuíto, menos mal), que paraba na T3 (sí, non están por orde) e en 2 parkings tremendos. Vamos, que a tomar por culo estaba a unha da outra.

Pasa a autopista por debaixo do aeorporto por certo. Esta é un de verdade despegando, e a seguinte é un pedazo de maqueta del copón.

Tamén nos chamou a atención a de “milicos que había na Gare de Lyon. Andamos acojonados en todos os sitios cos putos árabes seica, e por aquí aínda hai uns cuantos, jeje…

La Gare de Lyon

Como é lóxico os da viaxe en avión chegaron antes ó destino, pero de pouco lles valeu, porque é incrible a “burrocracia” que se gastan aquí. Resulta que non estaban as habitas limpas, e ó final ata ben entrado o serán non no las deron. Ah!!, e ese día facía un frío pa flipar, chovía…, e 2 días máis tarde empezou a facer unha calor que nin de coña imaxinábamos. E claro, todos coa roupa de verán na casa, para non cargar a maleta ao parvo, e levamos dende entón con tempo de primavera. Cambio climático tamén por acá, sip.
Falando de burrocracia, para comprar un miserable teléfono de tarxeta media hora cada un, firmar formularios, que si fotocopia do DNI……, gabachos!!!
O lugar en sí non está mal de todo. No seguinte post colgo algunha foto xa coa habitación medio arreglada. O chungo é o caro que é, pero coa axuda esta do estado francés vainos quedar en 160/mes. Que por certo, si vindes 1 ou 2 con sacos de durmir zafamos sin que paguedes por outra. Teóricamente firmamos que é superilegal e todo eso, pero bueno, onte trouxemos a unha tropa de gabachos á sala de “reunións”, e logo almorzaron de clocló (para nós vai incluido o almorzó), e sen problema. Pasan bastante desas cousas.

Une chambre individuel

Para intentar levar un pouco de orde cronolóxico nos post, o seguinte será sobre o noso recibimimento no IFMA, e logo xa contarei algo de festas. Aínda que para contestar a Rivas polo que a súa compi de piso dicía de que aquí de festa nada…, pois onde haxa españoles sempre haberá festa. Hai un vasco que tamén está no IFMA con nós, e unha alemana que controla 5 idiomas que se apunta a todas con nós. E eu non sei, pero debe ser que están desexosos de españoles pa montala, porque a xente aquí é supermaja. Invítannos a cear, a beber… Tamén é certo que esto non deixa de ser unha pequena cidade coma Pontevedra por poñer un exemplo. Hai un ambiente moi acolledor, e en xeneral fan por entenderte aínda que pronuncies de puta pena. O único malo é que chorvas coma en na mayoría das enxeñerías tamén hai tirando a poucas máis ben. Esto…, que para min o de que non haxa chorvas é bo jejeje ;-)
E para finalizar, e xa que andamos no blog de zalo co dos xogos, pos ale, a ver si adiviñades a nacionalidade das chorvas da foto. Pista: unha é alemana ;-)

P.D.: Sólo a un desgraciado coma min lle podía pasar esto. Resulta que para matricularme de fin de carreira necesito ter todos os créditos de libre elección superados. E teríaos de sobra, si dende que rematei a beca houbese feito o maldito informe para facer os trámites, pero claro, dende mediados de xullo..., dixen eu, bueno, pa navidades!!! Pos nada, agora medio copiei o do compi que currou comigo, e a ver si mediante firma falsificada de Sara, me pode facer os trámites para que mos convaliden a tempo da matrícula!!! Non ían ser todo desvantaxes ter churri pa virse de erasmus non?? jejeje... Gracias chuli!!