Aquí os colgados estes do IFMA fixeron haberá unhas 3 semanas a soirée regions, que ven sendo algo así coma o San Pepe de alá. Montaban uns stands e a peña levaba comida e bebida propia das súas rexións. Evidentemente os españoles fixemos un bo lote de tortillas, dous “caldeiros” de sangría, e algunha cousilla máis. Pero vamos, que se tajan moitísimo, e os destrozos-suciedade son similares a un san teleco ou san pepe. De feito pecháronlles a especie de cafeta que teñen aquí (manéxana os estudiantes, non é como alá) durante 15 días.
Outra grandísima festa foi o cumpleanos do Felipe, un chorvo de Pozo Blanco (Andalucía) que é un personaje de carallo tamén.
E onte sí que a armamos, bueno, armáronnola mellor dito. Ibamos a facer botellón no piso de Alex e Eli (unha parella de Andaluces tamén), pero por eso de non lle botar a casa abaixo, decidimos facela na resi mellor, para que puideran vir os franceses, italianos, checas, irlandesas…., e joer, que guarras as irlandesas, aparte de que tiraron bebida a mazo polo chan, e non eran moi propicias a limpala…, ó final unha pillouse unha moña…, en fin, posiblemente lle dese un baixón de tensión ou algo, porque aparentemente estaba ben, e dez minutos máis tarde atopárona semiinconsciente tirada no baño (suponse que foi intentar vomitar). O caso é que o despliegue mediático foi a ostia, moita peña histérica (as “amigas” un tanto imbéciles que ata a querían meter nun taxi para a casa e fiesta), e como dato cultural, dicir que aquí se chama para case todo aos pompiers (bomberos) en vez da típica ambulancia. En fin, que menos mal que os que están na recepción polas noites os fins de semana son enrollados, sinón podíannos botar unha boa bronca.
Pois nada, que mellor poñer algunhas fotos, que sempre ilustran máis que mil palabras.
Cumple de Felipe. Dende logo non levaban rioja eses caldeiros ;)
Esta é nunha crepería a hostia de chula, que non todo vai ser cocerse!!, aínda que bueno, aquí tamén se lle daba ao viño a verdade. A Carola (a alemana) dándome explicacións gramaticales nunha servilleta.
Pois creo que xa chegan de fotos por hoxe. Para o seguinte post, algo máis cultural. Prometido.
ACTUALIZACIÓN:
Da cena xa que o Mora se ofrece voluntario, pois queda encargado de organizala. Eu en principio non podo facer proxección de cando me virá ben, pero malo será, esperemos que non me desehereden despois de botar 3 meses fora, e chegar e pirar por aí de "paseo". Pois eso, contade comigo para calquer día deses, e supoño que a Sara e algunhas amigas cotillas que ten por aí igual se apuntan eh??
Ilsiña, vese que o Che estudiou ben o manual do bo marido, juas,,juas... Eu estou incluso pensando en non ir a Lyon este finde, asique de velos nin de coña claro. Joer, unha furgalla de 9, coma co "ran" nos vellos tempos, pero menos consumo (aínda que co precio de agora a pasta será a mesma, jeje..)
Ah, e Rivas, despois de Irlanda crees que necesito opinar algo + delas?? juas, juas... Pero sí, según escoito de "rumores" son algo porcas e "porcas", as comillas dá igual onde as poñas, jeje..., pero que hai de todo coma en tódolos sitios, non se pode xeralizar.
Mora, non empecemos a falar do que come cada quen que igual a armamos coma a última vez jeje.. ;)


