viernes, 9 de mayo de 2008

Mon vélo est mort!!!!

Il ne me reste plus que d’une semaine pour retourner à l’Espagne. Ça sera un peut difficile, mais c’est la vie!! De toute façon, j’ai envie de voir à ma famille, mes amis, ma copine, mes chiens, ma chatte... Ivan, Rita et Marta sont déjà partis. La suivante sera Carola, ce mardi, après Jimena le jeudi, et finalement moi, le vendredi prochain. J’ai essayé de profiter mon vélo cette dernière semaine, mais malheureusement il a cassé. Je n’ai pas de la chance.

Bueno rapaces, de hoxe nunha semana estarei a estas horas en Vigo, si o avión non se cae ou cousas polo estilo, non sexamos cenizos. Por fin se rematarán esas semanas inundadas de birra e de non rañala en todo o día (sic) jejeje..., vaime triscar o lombo en canto o dobre.

A movida é que me piro o venres as 6 da mañá, as 3 horas de rigor ata Paris, Charles de Gaulle, Oporto, Vigo, e logo de pasar ese fin de semana nun piso franco da cidade olívica (jijijiji.....), debería arrivar á casa o domingo pola tarde.

Por aquí o primeiro en irse foi Ivan, xusto foi vir da viaxe da Bretaña, e marchou ao día seguinte. Por suposto houbo que despedilo, aínda que non demasiado porque se pirou en coche alugado ata Biarritz e non era pa montar unha festa de doblar. E menudo coche que lle deron!!! Cambiáronlle o 206 que contratara por esta mole. E por suposto non podía chamarse doutra forma a furgalla "multivan".


A rapaza nova da foto, a de camiseta azul empezando pola dereita, é Diana. É unha incorporación do 2º cuatrimestre, vasca de pura cepa, con carácter vamos, que xunto con Esteban, foron dúas grandes fichaxes desta 2ª parte do orgasmus.

E aquí a despedida este luns pasado de Rita e Marta. Como suele ser nestes casos montamos o drama na estación, correndo detrás do tren e todo cando arrincou. Os das gafas son os 2 italianos estándar, pero boa xente todo hai que dicilo. Sentinme incluso un pocuo mal porque eu non é que me fartase a chorar, pero bueno, será a idade, jejeje... E elas ben saben que as vou botar de menos, e admáis Laxe e Ourense están ao lado coma quen di.

E estes últimos días ocorréuseme que, aparte de alcoholizarme, podía aproveitar para rular uns montecillos por aquí. Xa víchedes que Clermont está rodeado por todos os lados de montañas, asique só era coller e tirar sen rumbo hacia arriba na busca de boas vistas. A pasiaxe realmente cambiou moitísimo en só 2 ou 3 semanas. Agora están xa todas as árbores con folla, e mola moito máis.

Pero puta sorte a miña, porque me rompeu a cadena. Ía todo pancho subindo, e crash!!. Aparte da hostia que casi me meto (ía levantado), o cabreo foi gordo cando vin a cadena no chan. Pero bueno, que lle imos facer, filosofía. Para baixar nada, en punto morto, jejeje..., e a bici..., pois foron 30 euros, amortizouse soa. A única putada é que estaba de coñas con Sesé de que un día tiñamos que facer os "papeles", pois xa me dixera que a compraba ela, que a fin de contas lle daba ela máis uso que do que lle daba eu. En fin, supoño que non será moi cara unha cadena (ou sempre se pode mangar unha), asique que se maten agora os herdeiros jeje...

Por cierto Killo, espero que profites bien estas lecturas en gallego que te brindo ;)

ACTUALIZACIÓN:

Pois gracias a Esteban aproveitei a xornada dominical para continuar o rule que quedara "interruptus", despois de madrugar a eso das 3 da tarde (esta vida estame matando). Foi moi positivo, sobre todo suar eses alcoholes e esas grasas saturadísimas dos kebabs. O único chungo que case me pilla unha supertreboada no medio da nada, pero zafei polos pelos, só catro gotas.

Déixovos uns vídeos do que podería ser tranquilamente un camiño de senderismo galego. Ummmm....., bueno, sen eucaliptos e lixo, jeje...