lunes, 3 de diciembre de 2007

Outra de festas

Parece que fai quince días que me viñen para aquí, e ¡¡manda carallo!!, en pouco máis dunha semana xa volvo a España. Pois sí que pasan rápidas estas experiencias. A verdade é que tempo tampouco é que teña demasiado para escribir no blog, pero é que total non sabería moi ben que poñer que non sexan festas, jejeje…, lémbrome cando líamos a “Misiva germana”, que cada semana eran fotos de botellas e borracheras interminables tamén, este ano xa non ten esa bicoca jeje…

Aquí os colgados estes do IFMA fixeron haberá unhas 3 semanas a soirée regions, que ven sendo algo así coma o San Pepe de alá. Montaban uns stands e a peña levaba comida e bebida propia das súas rexións. Evidentemente os españoles fixemos un bo lote de tortillas, dous “caldeiros” de sangría, e algunha cousilla máis. Pero vamos, que se tajan moitísimo, e os destrozos-suciedade son similares a un san teleco ou san pepe. De feito pecháronlles a especie de cafeta que teñen aquí (manéxana os estudiantes, non é como alá) durante 15 días.

Outra grandísima festa foi o cumpleanos do Felipe, un chorvo de Pozo Blanco (Andalucía) que é un personaje de carallo tamén.

E onte sí que a armamos, bueno, armáronnola mellor dito. Ibamos a facer botellón no piso de Alex e Eli (unha parella de Andaluces tamén), pero por eso de non lle botar a casa abaixo, decidimos facela na resi mellor, para que puideran vir os franceses, italianos, checas, irlandesas…., e joer, que guarras as irlandesas, aparte de que tiraron bebida a mazo polo chan, e non eran moi propicias a limpala…, ó final unha pillouse unha moña…, en fin, posiblemente lle dese un baixón de tensión ou algo, porque aparentemente estaba ben, e dez minutos máis tarde atopárona semiinconsciente tirada no baño (suponse que foi intentar vomitar). O caso é que o despliegue mediático foi a ostia, moita peña histérica (as “amigas” un tanto imbéciles que ata a querían meter nun taxi para a casa e fiesta), e como dato cultural, dicir que aquí se chama para case todo aos pompiers (bomberos) en vez da típica ambulancia. En fin, que menos mal que os que están na recepción polas noites os fins de semana son enrollados, sinón podíannos botar unha boa bronca.

Pois nada, que mellor poñer algunhas fotos, que sempre ilustran máis que mil palabras.

Cumple de Felipe. Dende logo non levaban rioja eses caldeiros ;)

O anfitrión.

En fin, sin comentarios, a típica foto que ao día seguinte dis ti, "carallo, pero estaba tan mal..." Pero que conste que para ser autofoto evidentemente tiña pulso aínda jejeje...




Pos eso, o "san pepe" de aquí. E non, no é carnaval, pero aquí á peña ás veces dáselle por salir de forma "peculiar". De fetio había uns con roupa de augas e botas de goma, vamos coma para ir á seca. E o pobre rapaz da silla que estaba cocido coma un pulpo a eso das 5 da mañá, e van uns "colegas" e non lle tiran un caldeiro de auga por riba. Despois díxome ó día seguinte que pasou moitísimo frío indo para a casa, non te jode, con -3 ou -4 baixo cero, eu iba po hostpital cunha pulmonía.



Esta é nunha crepería a hostia de chula, que non todo vai ser cocerse!!, aínda que bueno, aquí tamén se lle daba ao viño a verdade. A Carola (a alemana) dándome explicacións gramaticales nunha servilleta.

Retorno de Marcos da boda en España, e que mellor ocasión para convidar aos gabachos a comida típica galega.

Ei Zalo, aquí tamén se xoga a "cochinadas" desas. Si tocaba o vaso bebias un sorbo creo, e si "encestabas" bebías o vaso enteiro.

Cumple de jamonas españolas. Sobran comentarios.

É Pili, e non pensedes mal, que xa vos vexo, e ademáis a rapaza tamén ten churri. Só é pa darvos envidia pa que me veñades a visitar ;)

Impresionantísima pota que nos atopamos un día voltando para a casa. Supuxemos que sería dende a ventana dalgún piso, pero joer, era moita pota de dios. E ao audi..., non sei eu que tal lle sentaría á pintura eses ácidos....

Festa en casa de Tibo, un dos Franceses que máis nos acolleu nas primeiras semanas. Viven 4 nunha casa, e normalmente montan festas xeitosas.

Este sábado antes de que as irlandesas o emporcallaran todo e que a montaran.

Pero a pesar de todo, os españoles sempre deixamos todo impoluto. Tiñades que ver como a chusmilla multicultural (negratas, chinos...) deixa a cociña por exemplo. E non é rajar nin ser racista nin chorradas, é a puta verdade, hai moito guarro por aquí.

Pois creo que xa chegan de fotos por hoxe. Para o seguinte post, algo máis cultural. Prometido.

ACTUALIZACIÓN:

Sodes a cona xente, poño unhas fotos de coña e xa sacándolle puntilla. E logo seica estou tan delgado??, arredemo, aínda vai parecer que fago a dieta do cucurucho....., jaja..., nada máis lonxe da realidade. Ai a miña Sariña que tranquila que pode estar comigo!! Pois nada, que en Nadal prometo engordar outra vez.

Da cena xa que o Mora se ofrece voluntario, pois queda encargado de organizala. Eu en principio non podo facer proxección de cando me virá ben, pero malo será, esperemos que non me desehereden despois de botar 3 meses fora, e chegar e pirar por aí de "paseo". Pois eso, contade comigo para calquer día deses, e supoño que a Sara e algunhas amigas cotillas que ten por aí igual se apuntan eh??

Ilsiña, vese que o Che estudiou ben o manual do bo marido, juas,,juas... Eu estou incluso pensando en non ir a Lyon este finde, asique de velos nin de coña claro. Joer, unha furgalla de 9, coma co "ran" nos vellos tempos, pero menos consumo (aínda que co precio de agora a pasta será a mesma, jeje..)

Ah, e Rivas, despois de Irlanda crees que necesito opinar algo + delas?? juas, juas... Pero sí, según escoito de "rumores" son algo porcas e "porcas", as comillas dá igual onde as poñas, jeje..., pero que hai de todo coma en tódolos sitios, non se pode xeralizar.

Mora, non empecemos a falar do que come cada quen que igual a armamos coma a última vez jeje.. ;)

Como vos coñezo coma se vos parise, xa me lembrei de tomar varios ángulos para tervos contentos, jeje..