miércoles, 26 de septiembre de 2007

Destino, Clermont-Ferrand

Pois sí, custar custou, pero finalmente teño un chachi blog destes. Mañá destas horas estaremos pasando a noite no Charles de Gaulle, e si todo vai ben o xoves a eso das 16:00 h aproximadamente chegaremos a esa especie de residencia para a que imos. Agardo que conten coa nosa chegada.

Bueno, como finalmente deixei bastantes cousas para o último día, pois non vou facer máis que deixarvos o enlace da wikipedia para que dunha vez por todas vos fagades unha idea do lugar para o que vou. Joer, todo o mundo coñece Lyon, e este paraíso natural cheo de volcancillos nadie o coñece. Ademáis seica é o berce de Michelín, algo de industria debe ter tamén.


Información Clermont-Ferrand


Onte chamei a unha compañeira para facer un “cheklist” e entérome de que aínda me tiñan que firmar un papel en Vigo. E sería por tempo, pero é unha desas cousas que por algunha razón non pensas que tes que facer:


- “¿pero eso non o firman alá?

- Sí claro, pero aquí también te lo tienen que firmar. ¿Cómo lo dejas para el último día hombre de Dios?”


O caso é que hoxe a fin de contas ía a Vigo á lectura PFC dun colega, e a despedirme por n-ésima vez da miña Sara (ogallá puidera despedirme unha ducia de veces +, ou levala na maleta, jejeje…), e arranxei o papelote. Incluso lle restaron importancia en plan de “en caso de que no estuviese para firmártelo se te mandaba por correo, no pasa nada”. En fin, que non se diga que non son español.


Pos nada máis de momento. A próxima entrega dende máis aló dos Pirineos ;-) Agardo que compartades a “blogdependencia” co meu. Por suposto o de Zalo xa leva anos de posicionamento no mercado e eu terei que entrar como marca competidora ;-), pero intentarei buscar tempo para contar cousas interesantes.