Et finalement je publie un nouveau post, c’est meilleur avec retard que jamais. Il faut que je travaille maintenant tout ce que je n’avais pas fait avant. C’est pour ça que je vais montrer plusieurs photos de la visite de mes amis en lieu d’écrire beaucoup.
Bueno nenos, as fotos subinas xa fai uns días, pero non daba topado un anaco para escibir os pés de foto alomenos. Porque aínda que vos pareza mentira, dende que o domingo regresei de Paris outra vez, non volvín sair ata hoxe!!!!!. Sip, ao final algo haberá que entregar tamén, que tampouco cho van a regalar pola cara bonita, e aínda enriba o modelo non me sale, e teño que buscar nun archivo de texto que me da o programa (as tripas digamos), onde está o fallo, pero creo que xa estou cerca. O chungo é empezar a redactar (de momento a palla do principio), que me podo botar unha tarde para escribir unha miserable folla. Que a todo esto, xa teño data, finales de mes, o luns entregalo escrito e o último día (creo que mércores) lelo, glups!!
Entón si todo vai ben entre o 10 e o 15 de maio debería andar de volta pola Galice. Nin fai falta dicir que si queredes apuntarvos a outra excursioncilla pola France para esas datas...
Co resumo da vosa visita, decidín poñer sobre todo as que eran máis simpáticas. Subín un carro delas, e aínda me gustaría subir máis, pero non sabía por cales decidirme, aínda hai unhas cuantas. Imos aló.

Como non, un mini frigo con moitas cousas, na miña línea, e sobre todo, con moitas mazás. Teño provisto a moita peña de provisións, pero ata que chegou Pili nunca nadie me pedira unha mazá como si realmente fose unha delicatesen ;)

Como non unha moto do Mora facendo o indio.

Zona histórica de Clermont coa catedral ao fondo. O lungar aínda ten o seu encanto, lástima que o teñamos tan pouco visitado en profundidade cultural, jejeje...

Vista da Catedral ao fondo dende o Parc de Montjuzet. Por certo, o da chaqueta vermella é Ivan, o vasco, moi bo fulano.

Antrillo dos que solemos frecuentar. Bueno, realmente este tampouco é dos que máis vaiamos.


E xa en Paris, ulalá!!! ;), como non, a primeira foto do metro!!! Impresionante, as paradas pequenas pois non, pero esas enormes por onde pasaban 3 ou 4 lineas e 2 ou 3 de RER (trens que van ao extrarradio e cruzan a cidade en plan metro), e sobre todo estando na "pomada", vamos, que é un queixo gruller e non se lles caeu aínda nin a catedral nin ningún dos edificios molóns que teñen. En España cavan un pouco e caese medio barrio. E sobre todo tendo en conta que ten máis de 100 anos o metro, alucinante vamos.

Subindo ao afamado Arc du Triomphe. Non me quero nin lembrar das escaleiras que subín nesta viaxe (xuntando as da catedral de Clermont tamén), pero valeron a penas todas. Que por certo, según Sara salgo hipermegabueno nesta foto, e bueno, pois ata xa me vou vendo eu tamén e todo, jajaja.... ;)

Como non a non menos afamada e coñecida Tour Eiffel, que visitamos máis de media ducia de veces si me descoido. Como dicía o "Killo", poste debaixo, miras pa riba e dis "pues ya no hay hierro aquí". Que por certo, é a "movida" máis visitada de todo o mundo seica.

Outra vista, agora dende o paseo en Barco polo Sena. Dicir que aparte da visita guiada neste momento que che ían contando polos auriculares no idioma que quixeras, o resto do tempo (e ata que marchou o martes), foi Pili a encargada de culturizarnos e informarnos de todo o que visitábamos, gracias tamén á guía que lles subcontratou aos Ches.

Diante do obelisco do grelo, que ata tiñan un gráfico para explicar como o trouxeron dende Exipto río arriba.

O avogado do grelo facendo das súas diante do palacio do Sarko. Tivemos que tirar 3 fotos para sacar a boa, e a rúa toda chea de policía, de feito non se podía camiñar pola outra beirarúa. Pero bueno, chega a ser en USA facendo o mono diante da "Maison Blanche" e igual che meten un tiro entre cella e cella e logo dinche que non fagas o mono, eh Zalo??

Si a ampliades a cara destes merluzos non ten desperdicio. Que por certo, nun escaparate destes había albariño galego.

Liberté, égalité, fraternité.

No barrio dos pintores e Pili coa súa recente adquisición de gorrilla molona bohemia parisiena.

O moulin de la Galette

Moulin Rouge, que como ben dixeran os Ches, é só pola coña de ir alía sacar a foto, porque tampouco ten demasiado que ver.

Foto que non merece comentarios.

O hostel para o que nos cambiamos cando marcharon Mora e Pili. Máis barato, unha habitación con un baño minúsculo, pero para nós soíños, e non excesivamente lonxe da "pomada". A movida foi que en hostelworld, as letras de "peace & love" non chas poñían nese fuxia, nin che dicían que había unha tía moi rara na recepción que tiña pinta incluso un pouco de "putilla", pero vamos, xenial ao final.

Ademáis un hostel con bareto e San Miguel..., non ten prezo.

Sitio entre a Ópera e as galerias Lafayette, e unha boa idea de como forrarse á conta dos tópicos e dos milleiros de Españoles que visitan Paris por ano, e que coma nós, ignorantes, entra pa probar que tal sirven a tapa de tortilla e a caña de cruzcampo por estos lares. Estivemos a punto de facer un "sinpa", pero ao final téñennos timado máis noutros lugares.

Gárgola tragándose a Torre de Montparnase. Fantástica a visita ás torres da catedral tamén. Que por certo, tiñádes que ver que simpáticas as colas kilométricas para entrar incluso abaixo (que é gratis) en semana Santa. E é normal, xa que medio Paris estaba poblado por Españoles, e outro medio por Italianos. Zalo, os alemáns non viaxan??? ;)

Por suposto non iamos quedar sin subir á torre do grelo tamén. Lin que por acojone dos veciños cando a fixeron, lle quitaron uns metros dos que ían ser inicialmente, e que A METADE dos roblons que leva están sobredimensionados, vamos, que non debería caer. Tamén que ten acumuladas non sei cantas toneladas polo peso da pintura que lle dan cada 5 anos, e que con moita calor "estira" un puñado de centímetros pola dilatación.

E por fin en Versalles, aínda que por flipalo tanto o avogado máis eu coa torre, xa fumos tirando a tarde, e non puidemos entrar a visitalo por dentro, gran ilusión de todos, pero do Rivas en especial. De todas formas a visita paga a pena, si ben ver eses xardíns na primavera-verán, ten que ser moi moi diferente.

Jejeje..., acojone do Rivas cando lle para a Kangoo de seguridade e o fulano lle empeza a enseñar un papel de multa de 135 euros. Resulta que non era por pisar o céspede (pelouse), sinon que estaban pechando e era a multa por si te pillaban dentro despois. De feito o segurata resultou ser o mítico cachondo mental de turno.

Magníficas vistas dende o Arche de la Défense, que ven sendo coma un pequeno Manhattan parisieno. Non é moi coñecido porque non está no centro e non son movidas históricas, pero ten a súa gracia tamén visitalo si se ten tempo. E sobre todo si topas un negrata molón para "trapichear" cos tickets de subida ao arco. Xa ilustrará o Rivas esta parte espero.

Por ser máis operativos comíamos de crépes ou similares, e pola noite dábamonos unha cena como dios manda, e realmente tampouco nunca tivemos que refrixerar a Visa jejeje... De feito un día saíanos mazo barato ata que a cagamos cun "digestif" typical français, que nos costou 7 euros por barba, si ben nos quentou que dou gusto. E bueno, a foto é dunha terracilla cuberta con lonas e coas estufas esas de gas tan ecolóxicas, xusto ao lado do Barrio Latino e da catedral. E despois das ancas de rana, só me quedaba probar os famosos escargots nestes eramsus. Dicir que non saben mal de todo, pero que son un manxar totalmente prescindible para min.

E claro, cos nosos santos collóns, aínda pedimos postre e todo sabendo que posiblemente perderiamos o último metro, e de feito, non só o perdimos, sinón que entramos na parada para cercionarnos de que o perdéramos, e cando subimos estabamos encerrados cual rata de alcantarilla. En fin, un pouco de nervios e acojoning de quedar alí toda a noite, pero ao final conseguimos unha salida (era aínda enriba unha das superparadas). E a foto pois do canal subindo para o hostel, non hai mal que por ben non veña, así o Rivas compensou versalles co seu preciado canal tamén.
E xa que estamos, para non facer outro post de París, unhas fotillos da revisita con Sara. Entre o frío que facía, o plagado que estaba todo de turistas, e que xa viramos a cidade os dous, non foi unha viaxe estesante en plan turista, pero aproveitamos para ver cousas que nos quedaban aos dous. Supoño que podes estar todo un mes vendo cousas nesa cidade.



Subimos á Torre de Montparnase, e aínda que facía un frío de carallo, o día estaba claro, e pillámolo anoitecendo como me molan a min estas visitas. Mola bastante porque está bastante preto da torre eiffel, e é unha vista moi chula. E dende logo mola subir no ascensor MAIS rápido de Europa!!!! Menuda sensación de desaceleración, mola mazo.



E este é o Bois de Boulogne, que é un megaparque que está máis ou menos entre a Defensa e a Torre Eiffel. De feito lin que era o mítico bosque de caza dos reyezuelos, relativamente preto de Versalles. Realmente para un parisieno que nunca vise unha árbore molará, pero é un parque medio de "monte" (moita extensión para poñer todo jardincillos), e entre o frío que facía e mollado da choiva, e que aínda non está todo florecido... O máis bonito a zona dos lagos, e a cascada molona da foto. Tamén dicir que está o Roland Garros aí. E claro, eu acojonado con que nos pillara unha granizada mentras remabamos (polos pelos), pero á Sariña facíalle mazo ilusión, e como no manual do churri perfecto poñía que había que remar, pois alá fumos. Jejeje..., que sí churri, ao final molou mazo, só nos faltaba un cantautor dos do metro embarcado para amenizar musicalmente ;)
Bueno xente, ao final custoume pero aínda me currei un post bastante cundente. Espero agora ser recompensado con múltiples comentarios jejeje... ;)